Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  30/04/2012 22:16 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder 1º de Maio.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Nunca houbo tantos motivos para un primeiro de maio como hai neste do 2012. E en primeiro lugar para garantir o de 2013. Non esquezamos que hoxe o Presidente Rajoy acaba de ameazarnos con máis reformas cada semana, polo que teriamos que pensar en declarar os sábados como días de loito polo estado social.
Ata hai pouco, e durante case todo o período democrático, o 1º de Maio era máis unha festa que unha xornada reivindicativa grazas ao ambiente de pacto social que con maior ou menor intensidade existiu nese tempo.
Pero hoxe o goberno popular aliouse claramente coa parte forte dos axentes sociais, a patronal, o que permite a esta non ter que ceder nada aos sindicatos ao contar coa garantía de que a lexislación recollerá integramente a vontade dos dirixentes empresariais.
Non esquezamos que a orixe do 1º de Maio está nas reivindicacións do 1 de maio de 1886 que remataron na condena de 8 sindicalistas en Chicago e o fusilamento de cinco deles. E hoxe, ante a saída que se pretende dar a esta crise en España e en Europa, é máis necesaria que nunca a reivindicación para non acabar perdendo todo aquilo que co esforzo de tantos fomos logrando neses 126 anos.
Por iso as manifestacións de mañá teñen que ser un éxito que mostre ao goberno e a Merkel que non estamos dispostos a deixar que sigan incautando o noso estado de benestar para manter unha economía que só beneficia a uns poucos privilexiados.
Mañá non deberían de manifestarse só os sindicatos e traballadores. Debería de ser unha manifestación de todo o pobo, traballadores e parados, activos e pensionistas, autónomos e pequenos e medianos empresarios, estudantes e boas xentes en xeral, porque a loita non é xa polos postos de traballo, que tamén. A loita é por unha forma social, solidaria e sostible de ver a vida.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » 1º de Maio. « - Rafa Castillo. - 30/04/2012 22:16 
    • Re: 1º de Maio. - Ana Pilar Andrade Pardellas - 1/05/2012 00:00 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje