Rafa Castillo    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  28/03/2012 01:55 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder 100 días de graza.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Habitualmente, menos cando o PP é a oposición, os Parlamentos dan aos novos gobernos 100 días de graza ata ver o rumbo que toman as súas primeiras medidas. E nesta ocasión non foi diferente. A oposición parlamentaria ao goberno Rajoy, sen deixar de criticar medidas concretas, non fixo aínda unha crítica conxunta ao labor do goberno.
Acontece que neste mundo que se move tan vertixinosamente, fóra dos ámbitos parlamentarios, movidos aínda pola inercia da historia, as cousas acontecen a outra velocidade, que os tempos avanzan que é unha barbaridade.
E acontece que, o que cronoloxicamente e convencionalmente son cen días, resultaron para asturianos e andaluces máis longos que cen anos, polo longo que pareceron e polo que se avanzou cara a atrás, e en boa lóxica, deron a mensaxe clara de que "a parar".
Nunca un goberno recibiu un cambio tan grande no apoio popular en tan pouco tempo, e nunca un goberno se mostrou tan insensible á mensaxe como o actual que evita recoñecer que o resultado electoral non depende tanto de Griñán e Areas como das famosas reformas do goberno Rajoy.
É máis. Rajoy, en estado autista, di, como estrañado, que nunca un goberno fixo tantas reformas en tan pouco tempo como o actual. E ten razón. É máis, xa non dubido que alcanzará o Guinnes das reformas.
O mesmo Felipe González explicaba claramente o porqué facía as reformas pouco a pouco. A segunda República quixo correr moito e tropezou no intento. Mellor cambios pequenos pouco a pouco pero firmes e consolidados. En frase de Carlos Andrés Pérez, mover a cadea sen que se cabree o mono.
Pero o problema está no propio concepto de que se entende por reforma. Cando Felipe en 1982 falou do cambio, todos tiñamos claro en que dirección se faría. Agora Mariano falou de cambio... pero foi un cambio cara a atrás que superou os peores presaxios dos máis pesimistas.
Tempo haberá de analizar dende a nosa perspectiva o porqué deste resultado electoral. Non vaiamos pensar que gañamos o partido polo ben que xogamos. Pero hoxe é un día de alegría por esta primeira batalla gañada.
E é o día de pensar que o importante é gañar a folga do 29 de marzo. Senón, teñámolo seguro. O día 30 será a derrota definitiva.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (3)
 
  • » 100 días de graza. « - Rafa Castillo - 28/03/2012 01:55 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje