LaVozGalicia 17/05/2009 (Xurxo Ayán)     http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2009/05/17/0003_7722634.htm Fecha  22/04/2014 19:10 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows NT


Volver al foro Responder «A batalla de Repil foi o principio da fin da guerrilla» (Xurxo Ayán)   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2009/05/17/0003_7722634.htm

«A batalla de Repil foi o principio da fin da guerrilla»

O investigador Xurxo Ayan realizou un estudo arqueolóxico sobre os sucesos de 1949 nos límites de Chavaga-Monforte e Cereixa-PobraDoBrollón.

Oriundo da Pobra do Brollón, o arqueólogo Xurxo Ayán traballa no Laboratorio de Patrimonio do Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Onte presentou en Cereixa un estudo que realizou sobre o choque armado que se producíu en 1949 entre a guerrilla antifranquista e a Garda Civil no alto de Repil, no límite entre os municipios de Brollón e Monforte.

-¿É habitual que un arqueólogo investigue sucesos da Guerra Civil ou da posguerra?

-As correntes máis modernas da investigación histórica están aplicando as técnicas da arqueoloxía para obter máis información sobre os sucesos da historia recente a través do impacto que deixaron na paisaxe. Estes métodos permiten descubrir cousas que ás veces non están ben reflectidas na historiografía. Por exemplo, investigacións arqueolóxicas sobre a Guerra Civil e a guerrilla descubriron munición procedente de países neutrais, que supostamente non vendían armamento para este conflito.

-¿O enfrontamento de Repil deixou moitas pegadas materiais na paisaxe?

-As ruínas das dúas casas onde se refuxiaron os guerrilleiros e que atacou a Garda Civil están praticamente tal como quedaron entón. Na investigación que fixemos no lugar apareceron obxectos como unha baioneta, unha lata de conservas francesa -era normal que a guerrilla conseguise abastecementos en Franza-, algúns documentos... Pero o estudo non se limitou a estudar estes restos materiais. Tamén obtivemos moita información conversando con veciños da zona que recordan aqueles sucesos. A investigación prestou moita atención ao modo en que estes sucesos foron percibidos pola comunidade que os padeceu.

-¿Que consecuencias trouxo aquel choque?

-Foi o principio da fin da resistencia armada ao franquismo en Galicia. A derrota daqueles guerrilleiros foi seguida dunha represión brutal en toda a zona e evidenciou definitivamente a incapacidade de derribar o réxime pola vía militar. A Terra de Lemos foi unha das áreas máis importantes da actividade guerrilleira en Galicia e este suceso tivo por tanto unha repercusión moi grande.

-¿Como enfocou estes feitos a propaganda franquista?

-Sucesos como o de Repil, ao igual que a represión desatada durante a guerra, serviron para «pacificar» o rural. O franquismo utilizou estes feitos para convencer á xente de que non había que meterse en política, que o único que se podía facer era calar e obedecer. Aínda hoxe, a xente maior que viviu aqueles tempos segue chamando «atracadores» aos guerrilleiros antifranquistas, que é o mesmo termo que utilizaba a propaganda da ditadura.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                

Imagen:

http://media.lavozdegalicia.es/default/2009/05/17/0012_2561913/Foto/m17c2f1.jpg
 

Respuestas (4)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje