 |
A DOBRE NEGACIÓN
O galego, a diferenza do que fan outras linguas coma o castelán, rexeita a utilización de indefinidos positivos nas frases negativas. Nestes casos, débense utilizar sempre indefinidos negativos:
Forma incorrecta: *En calquera caso, a Universidade de Vigo non adquire responsabilidade algunha pola súa presenza nos respectivos padroados. Forma correcta: En calquera caso, a Universidade de Vigo non adquire responsabilidade ningunha pola súa presenza nos respectivos padroados.
Forma incorrecta: *Non hai problema algún. Forma correcta: Non hai problema ningún.
Forma incorrecta: *Non deron razón algunha. Forma correcta: Non deron razón ningunha.
|
| |
|