Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  15/07/2012 13:04 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder A letra pequena.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Como era de esperar, nin a comparecencia de Rajoy no Congreso (haberá fascista que respecte menos os representantes da cidadanía que este?), nin a rolda de prensa do Consello de Ministros, foron suficientes para que nos decatásemos da magnitude do recorte. Houbo que esperar a ler a letra pequena no BOE para saber o que nos espera. E que non fagan unha corrección de erros!
Sobre o que afecta aos funcionarios, deixaremos o comentario para outro día. Á fin, que aos funcionarios nos toque unha boa porción nas perdas que non causamos é xa, como a velocidade da luz ou o valor da constante da gravitación, unha constante universal. Non libramos nin unha. O mellor indicador da existencia dunha crise, é a conxelación ou redución das retribucións dos funcionarios públicos.
Querían convencernos de que tiñamos o IVE máis baixo de Europa e que tiñamos que poñernos ao seu nivel, e era mentira. http://es.wikipedia.org/wiki/Impuesto_al_valor_agregado#Europa. Claro que os hai máis altos, pero superamos a Francia, Alemaña e o Reino Unido. Non obstante, o que nunca recordan é que a nivel salarios, se estamos destacadamente detrás dos grandes. Luxemburgo, Irlanda, Países Baixos, Bélxica e Francia superan o dobre do SMI español. http://www.unitedexplanations.org/2012/01/10/salarios-minimos-en-europa-2012/. (obsérvese que non aparecen Alemaña, Dinamarca, Noruega, Finlandia, por non ter este concepto na súa lexislación).
Tamén se analizamos os salarios medios http://paroyempleo.blogspot.com.es/2012/01/salarios-medios-en-europa.html, vemos que Reino Unido, Holanda e Alemaña duplican practicamente o español. E así estamos que pagamos máis IVE que os países onde non existen mileruristas pola simple razón de que esa cifra é inferior ao salario mínimo. E como sempre págano os que menos teñen.
Quen cobre o salario mínimo, ou mesmo mil euros, verá a súa capacidade de consumo reducida este ano nun 5% entre aumentos do IRPF e do IVE. E terá, ademais, que pagar un 10% máis nos medicamentos que non retiran do sistema, porque en moitos será o 100%. Iso si. A luz ou o gas subíronlle ata agora un 15% e posiblemente perdeu a bolsa dos seus fillos.
E se está no paro e ten sorte de ter prestación, ademais de vela reducida ao 50% a partir do sexto mes, terá que cotizar á seguridade social. E por suposto, se a administración sospeita que fai fraude, poderalle retirar a prestación con carácter preventivo. Se a sospeita era falsa, xa llo devolverán despois se sobrevive. E eu pregúntome por que non lle embargarán, con carácter preventivo, aos señores Rato, Gayoso e compañía o seu capital para responder dos seus enganos e estafas, deixándolles, iso si, unha renda de supervivencia equivalente ao salario mínimo.
E agora terán, o do SMI, o mileurista e o parado, que facer recortes nos seus gastos familiares. Podería deixar de tomar os 4 cafetiños que dixera aquel que era o equivalente do copagamento, se non fose porque os seus ingresos xa antes non lles permitían tomalo. Que hai quen non se decata que non todo o mundo cea sempre de restaurante nin pode sequera tomar café todos os días.
Porque ao final, ten que ser iso. Non se decatan de como vive tanta xente.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » A letra pequena. « - Rafael Castillo Reboiro. - 15/07/2012 13:04 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje