Rafa Castillo    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com Fecha  4/04/2012 11:03 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder A proba do nove.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Ninguén discute a estas alturas que a actuación do partido popular na oposición, con Aznar ou con Rajoy se move sen sentido de Estado e só con criterios electoralistas. Se alguén non se fixara, abonde ver o cambio de discurso dende o 20-N.
Pero algúns imos máis alá e vimos afirmando que ao gobernar os populares non recuperan o sentido de Estado e seguen facéndoo en clave de puro cálculo electoral. E os presupostos presentados tarde, mal e arrastras o día 30 de marzo e que hoxe se aproban definitivamente, por Bruxelas por suposto, que o do Parlamento español é só trámite, eses presupostos, digo, son a proba do nove da utilización do poder ao servizo do interese electoral.
Presentáronse tarde, malia a necesidade de clarificar as expectativas, para intentar que non influísen negativamente nas eleccións asturianas e andaluzas. Presentáronse arrastras desoíndo os requirimentos da Unión malia o dano que o atraso provocaba nos mercados e particularmente no de débeda e a nosa prima. E presentáronse mal.
Vexamos, como exemplo a repartición autonómica do investimento. Dado que hai recortes na contía total, cabe presupoñer que a devandita diminución se derrame proporcionalmente sobre todas as comunidades. Pero non.
Hai dúas comunidades que perden peso na repartición malia ter recoñecida por Lei Orgánica, os correspondentes Estatutos, unha determinada proporción. E hai outros dous que o aumentan. Quen coñeza minimamente a forma de actuar do PP pode xa deducir cales son cada unha.
En efecto, unha das que sofren a diminución é Catalunya. O motivo claramente é ter unha marxe para negociar o apoio de CiU aos presupostos no trámite parlamentario. Ao tempo.
A outra, claro está, é Andalucía. Non pensarían os cidadáns andaluces que non ían ter penitencia pola súa traizón ás expectativas electorais de Arenas e Rajoy. Faltaría máis! Quen as fai págaas que bos son estes rapaces castigando as desviacións.
E para adiviñar as dúas favorecidas abonda con botar unha mirada ao calendario electoral. Efectivamente, Galicia e Euskadi son as comunidades primadas nestes presupostos feitos en interese xeral. E todos agradecidos a votar a Feijoo e Basagoiti, que para iso invisten en nós. E senón, xa sabemos, castigados por malos sen sobremesa.
Pero coñecendo estes administradores, o de gobernantes cáelles grande, non deberían de enganarse vascos e galegos. Teremos un ano de vacas, senón gordas polo menos recheas, pero como sempre despois do carnaval vén a coresma. E, se nos fixamos ben, despois das vascas e galegas, veñen as autonómicas das demais comunidades, polo que cara ás máis dubidosas irán os investimentos para asegurar que España siga sendo azul, como o mar azul.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » A proba do nove. « - Rafa Castillo - 4/04/2012 11:03 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje