Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  13/07/2012 01:57 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder A proba do nove.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
A verdade é que me gusta escribir de forma reflexiva e non en quente, e por iso, malia a cantidade de temas que poden saír da comparecencia de onte de Rajoy no Congreso dos Deputados, esperei a hoxe para empezar os comentarios. Pero estes rapaces teñen a capacidade de indignarme e non me deixar escribir de forma sosegada.
Tiña pensado falar dos hooligans do PP no Congreso aplaudindo os recortes anunciados polo presidente, comentando a súa falta de elegancia e delicadeza. Pero a filla de quen foi presidente da Deputación de Castellón Carlos Fabra, Andrea Fabra Fernández, rematou por centrar a miña atención.
Hai dous días dimitiu un asesor do alcalde de San Sebastián por increpar uns cidadáns que celebraban a vitoria de "la roja" dicindo "gora Eta militarra". O alcalde declarou que "estas actitudes son inaceptables, totalmente inaceptables". Non cabe dúbida que esa é unha declaración correcta e acorde co que se esixe á súa formación, Bildu, neste momento.
Que iso non exima as súas presuntas veleidades coa banda terrorista no pasado, non pode facernos esquecer que o futuro se constrúe cara a diante e así hai que valorar as declaracións e a aceptación inmediata da dimisión. Non cabe dúbida de que se así non o fixese todos acusariamolo de complicidade co seu secretario, e algúns, por extensión, coa banda.
Non espero, porque non se pode esperar de alguén así, que a devandita Andrea Fabra dimita. Pero non teño dúbida de que á hora que Rajoy formule no seu goberno a proposta de recortar a prestación por desemprego, terá asinado xa no seu despacho de Xénova a orde de expulsión da deputada do seu grupo parlamentario e do partido.
Andrea Fabra, para máis inri, foi Secretaria Executiva de Política Social do Partido Popular da Comunidade Valenciana. E esta, nin máis nin menos que responsable da política social do seu partido, dixo, cando Rajoy anunciaba o recorte da prestación por desemprego, "que se fodan". Outras versións din que dixo "xa era hora", expresión igual de impresentable.
Porque se mañá Mariano e o seu goberno aproban ese concreto recorte sen expulsar antes a individua citada do seu partido e grupo, poderemos asegurar sen medo a mentir que Mariano Rajoy é cómplice de Andrea Fabra e comparte con ela o desexo de que se fodan os parados.
E será a proba do nove de que esta política antisocial, ademais de que lla impoñan, lles encanta.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » A proba do nove. « - Rafael Castillo Reboiro. - 13/07/2012 01:57 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje