Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  3/05/2012 03:42 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder A quenda dos xulgados.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Home. Se o importante é o aforro económico e reducir por reducir gastos, claro, que sobra gran parte da nosa armazón administrativa. Dende Madrid pódese decidir todo, e, suprimidos 17 gobernos autonómicos, unhas 40 deputacións e máis de 8.000 concellos, certamente aforraremos.
E, claro. Ese é un aforro en órganos de goberno. Pero haberá que aforrar máis. Polo tanto pechemos todas as oficinas locais, comarcais ou provinciais. Para unha vez que tes que arranxar un papel, e xa que sales de casa, que máis dá ir da Pobra do Brollón a Monforte, Lugo, Santiago ou Madrid. "Vente pa Madrid, prima", que aí cho arranxan todo.
Pero a pregunta é se imos prestar os mesmos servizos ou menos. Porque neste proceso de centralización, por que nos imos quedar só na provincia?, se todo se fai en Madrid, teremos na capital uns 3.000.000 de funcionarios e as súas familias que, non cabe dúbida, serán un grande impulso á construción.
Poñamos agora o exemplo da anunciada reforma da planta xudicial. A suprimir e refundir partidos xudiciais, que o que importa é o aforro! O de achegar a xustiza en particular, e os servizos en xeral, ao cidadán é algo trasnoitado. Cousa de roxos e Keynesianos. O que hai que facer é suprimir oficinas, que niso está o aforro. De verdade?
Poñamos o caso da miña bisbarra. Monforte de Lemos nun partido xudicial duns 50.000 habitantes, pero estimo que ten unhas 800 entidades de poboación, algunhas das cales distan unha hora desa capital comarcal, pero case dúas horas de Lugo. Digamos, sen esaxerar que a media da distancia a Lugo está en 80 Km. En todo caso, menos para Bóveda (menos de 2.000 habitantes) 65 Km. máis (para os de Bóveda, 50, non vaian crer que se libran).
Ben. Nesta nova política na que só conta o diñeiro e o aforro, nos din que esta medida será unha optimización de recursos. E, naturalmente, depende. Se ao final reducen o número de xulgados e persoal, se producirá un aforro, claro, pero a nosa xa rápida xustiza sufrirá máis atrasos.
Se pola contra manteñen e/ou aumentan xulgados e persoal, encontrarémonos cun edificio baleiro que manter en Monforte, e novos edificios que habilitar en Lugo. Se o que se pretende é afastar a xustiza do cidadán, obxectivo logrado.
Pero claro. Estes rapaces teñen xustificación para todo. Lin mesmo que esta reordenación permitirá mellorar servizos complementarios como por exemplo os puntos de encontro. Naturalmente. Que dúbida cabe que para dous ex-cónxuxes un de Quiroga e outro de Sober, por exemplo, é máis cómodo e menos gravoso acudir a un punto de encontro en Lugo que a un en Monforte.
Ademais, con isto podemos inaugurar o recontrapago. Cada vez que teñamos que ir ao xulgado a facer unha declaración supoñerá 140 quilómetros máis, dúas horas e media de tempo perdido e o prezo do aparcadoiro. Todo un aforro para o usuario.
En fin. A miña dúbida é porque non deciden xa aplicar definitivamente a doutrina do seu fundador. Administración única, concello único, hospital único e un único xulgado. Iso si. Se pode ser, que ese xuíz sexa o amiguiño da alma de Camps. Que o quere un ovo.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » A quenda dos xulgados. « - Rafa Castillo. - 3/05/2012 03:42 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje