Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  20/04/2012 09:40 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder A res pública.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Aínda que o concepto nace na Grecia clásica, a palabra que a define é de orixe latina, Res pública. De aí xorde o nome dunha forma de Estado, a República, pero non por iso podemos esquecer o seu significado etimolóxico, cousa pública.
Ás veces escandaliza en política a transformación de principios que dabamos como perfectamente asentados e inmutables como base da democracia, sen ter en conta a evolución das sociedades.
Así pasou coa afirmación de Alfonso Guerra cando dixo aquilo de "Montesquieu morreu". E en efecto cando o autor francés estableceu o elemental principio da división e separación de poderes, establecía o fin do monopolio do poder único, o do Rei, poñendo ao seu lado o do pobo e un terceiro que arbitra entre ambos os dous.
E iso que foi un paso fundamental no nacemento e desenvolvemento da democracia carece de sentido agora cando os reis onde os hai carecen de poder e defínese un único poder ou soberanía que reside no pobo (con permiso dos mercados) e que se manifesta, iso si, a través de tres funcións, lexislativa, executiva e xudicial, pero, como a coñecida trindade, sen deixar de ser un.
Acontece o mesmo co concepto república. Antes contrapoñíase ao de monarquía e como tal era un paso adiante ao suprimir o poder real e substituído polo da cidadanía. Hoxe, na Europa na que perviven sete monarquías parlamentarias, que poden ser un anacronismo, pero, e tal como vai a cousa, son o menos importante dos problemas dos cidadáns.
Porque ademais, e abonda ver os recentes casos de Alemaña ou Israel, un presidente de república non é garantía de honradez e actuación exemplar. Un rei tampouco, por suposto. Pero no noso caso, e sen renunciar un ápice ao meu sentimento republicano, teño que recoñecer que Juan Carlos nos fixo algúns favores. E non vou referirme á súa cesión voluntaria do poder herdado de Franco ou á súa actuación no 23-F.
Temos hoxe un rei que non o é por graza divina, senón que é humano. E como tal, equivócase. E que está a aprender un oficio novo en España, ser rei sen reinar. Pero unha persoa que nos últimos catro meses nos deu dúas leccións que algúns políticos deberían estudar.
Na súa mensaxe do Nadal chamou as cousas polo seu nome e falou da corrupción cun membro da súa familia na mente. E dixo que hai condutas que mesmo aínda que non fosen delituosas non son o exemplares que deberían ser.
E como dixemos equivocouse e tropezou cun elefante. Pode ser unha irresponsabilidade, unha frivolidade ou un dispendio. Pero non é delito. Pero asumiuno e pediu perdón publicamente con arrepentimento e humildade.
Alguén recorda algún político pedindo perdón?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » A res pública. « - Rafa Castillo. - 20/04/2012 09:40 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje