Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  2/08/2012 21:17 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Adhesión inquebrantable.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
A verdade é que case dan pena. Non poden evitalo e sáelles do subconsciente. Só saben facelo así. É o seu concepto, a súa forma inevitable de gobernar. Mandando. Ordenando ou prohibindo.
E é normal porque formaron a súa conciencia política na ditadura de Franco que a moitos lles custa rexeitar e condenar. Como a esta cústelles recoñecer aos cidadáns como maiores de idade, con vontade autónoma. Os cidadáns, ao seu entender, teñen que ser dirixidos, orientados por quen coñece a única solución existente, o único posible.
Por iso Ruiz Gallardón cre que ten que protexer as mulleres da cultura social que os fai abortar, prohibindo cantos máis supostos de aborto poida. Por iso o PP non admite que unha rapaza de 17 anos aborte se non é por orde ou prohibición dos seus pais. Por iso Juan Cotino di que hai que obrigar as mulleres a ver as ecografías antes de permitirlles abortar.
Por iso Montoro non dialoga coas Comunidades Autónomas. Ordénalles e manda como actuar aceptando o que un xenio como el xa ten decidido como bo. E aos concellos e deputacións o mesmo. Nin sequera se parou a pensar no resultado aberrante da súa decisión, non de establecer bandas de salario para alcaldes, senón establecelo nunha simple porcentaxe. E coa mesma tranquilidade suprime dun plumazo mancomunidades e entidades locais menores. O seu é o simple.
Por iso o goberno e o presidente Rajoy non poden negociar con ninguén. Non saben. O seu é pura simpleza, ou como este dixo, é previsible. El manda e os demais... temos que ter adhesión inquebrantable aos principios do movemento nac... perdón, ás sabias decisións do goberno.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Adhesión inquebrantable. « - Rafael Castillo Reboiro. - 2/08/2012 21:17 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje