Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  18/09/2012 21:22 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder And the winner is...   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Hoxe xubilouse definitivamente aos 97 anos quen era sen dúbida o político máis veterano da actualidade. E retírase hoxe co seu falecemento, porque ata onte mesmo (mediados de xullo) seguía asomándose semanalmente a La Ventana de la Ser, non a ver a actualidade, que el coñecía tan ao día, senón a explicárnola.
Como calquera actor político, a imaxe que deixa nos cidadáns dependerá da cor do pensamento de quen o mire. Heroe para uns, vilán para outros. Pero posiblemente non indiferente para ninguén. Sen compartir as súas formulacións políticas concretas, si me sento o seu compañeiro na tendencia cara á xustiza social, na orientación política, en definitiva.
Os primeiros recordos que teño de Santiago, son a demonización que da súa figura facían no colexio os curas e os profesores daquela “Formación del Espíritu Nacional”, a famosa FEN. Logo, a medida que comezaba o meu espertar político, esa imaxe foi variando, aínda que, nunha época na que entre a xuventude convivían tendencias políticas diferentes, a súa personalidade era posiblemente das máis controvertidas.
Logo o coñecemento da historia recente e da actualidade do momento foron perfilando o concepto sobre interesante personaxe. A súa ruptura coa URSS despois do esmagamento da Primavera de Praga, a súa aproximación aos líderes comunistas europeos de Francia e Italia, Georges Marchais e Enrico Berlinguer, cos que fundaría o eurocomunismo, a primeira experiencia de comunismo democrático, daban paso á imaxe dunha figura moi afastada da que debuxaran as caricaturas da ditadura.
A súa participación activa na transición española vai dende as súas entradas clandestinas en España coa famosa perruca, ata a súa retirada da dirección do PCE. Dende a fundación da Xunta Democrática, ata a súa enteireza o 23-F no Congreso dos Deputados. Dende os pactos da Moncloa ata o consenso constitucional. Dende os mitins multitudinarios nas primeiras eleccións democráticas, ata as súas intervencións como un dos primeiros espadas nos debates parlamentarios. Da súa presentación xunto a Fraga no Club Siglo XXI, á súa participación na “Tertulia de Sabios” da SER xunto a tertulianos tan afastados politicamente como Herrero de Miñón e Martín Villa, sen esquecer o asasinado Ernest Lluch.
Pero hai un momento clave no que Carrillo deu mostra da súa claridade de visión e da súa decisión incuestionable de cooperar coa reconciliación nacional. Foi na reunión do Comité Central do Partido Comunista o día 15 de abril de 1977, seis días despois da legalización do PCE. Este é un fragmento fundamental da súa intervención:
“Encontrámonos na reunión máis difícil que tivésemos ata hoxe dende a guerra [...] Nestas horas, non digo nestes días, digo nestas horas, pode decidirse se se vai cara á democracia ou éntrase nunha involución grave que afectaría non só ao Partido e a todas as forzas democráticas da oposición, senón tamén ás reformistas e institucionais [...] Creo que non dramatizo, digo neste minuto o que hai». Tras esta intervención o PCE recoñece a bandeira e a monarquía.
Santiago Carrillo non foi presidente do goberno nin ministro. Nin sequera presidente de comunidade autónoma como Fraga. Na historia non figurará como un primeiro actor. Pero é seguro que terá unha nominación ao Óscar ao mellor actor secundario.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » And the winner is... « - Rafael Castillo Reboiro. - 18/09/2012 21:22 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje