Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  11/05/2012 21:49 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Ante o 12-M.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Resulta que a Constitución Española recoñece expresamente o dereito de manifestación, e unha Lei Orgánica o regula. Pero sen encomendarse nin a deus nin ao demo, o goberno do PP inventa a potestade gobernativa de autorizar a manifestación ou reunión e establecer horas máximas de exercicio dese dereito.
Certo é que o artigo 10 da Lei Orgánica 9/1983 Reguladora do Dereito de Reunión establece que a autoridade gobernativa pode prohibir a reunión ou manifestación, ou no seu caso propoñer a modificación da data, lugar, duración ou itinerario, se considerase que existen razóns fundadas de que poidan producirse alteracións da orde pública, con perigo para persoas ou bens.
Pero é forzar o Dereito en clara fraude de lei se o motivo é o temor do goberno ao éxito do acto. E da experiencia do movemento 15-M non se desprenden razoadamente a posibilidade de alteracións da orde pública nin de violencia contra as persoas ou as cousas que as poñan en perigo.
Outra cousa son as molestias, circunstancia que a lei non recolle e que son un natural efecto colateral. Ademais esta circunstancia pode emendarse doadamente co simple establecemento dunha zona de non manifestación a unha distancia, poñamos, de dous ou tres metros das vivendas e locais en sitios como Sol, por exemplo.
Pola súa banda, o artigo 5 da lei establece que se suspenderá ou disolverá a reunión ou manifestación en caso de que se consideren ilícitas de conformidade coas Leis Penais, cando se produzan alteracións da orde pública, con perigo para persoas ou bens e cando se fixer uso polos asistentes. Pero a experiencia di que estas circunstancias non se darán, e, en todo caso, a actuación gobernativa ten que ser cando se produzan as circunstancias, non de modo preventivo.
En resumo. Este goberno que recorta os dereitos sociais por Decreto Lei, pretende agora alterar os dereitos constitucionais por resolución gobernativa. E haberá quen siga dicindo que son todos iguais.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Ante o 12-M. « - Rafa Castillo. - 11/05/2012 21:49 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje