Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  3/12/2011 18:56 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Arrepentirvos, que está próximo o reino dos ceos!   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Dicía Rajoy en campaña que hai que facer as cousas como deus manda. E, en efecto, Rajoy é deus, e Cospedal é o seu profeta. E como Xoan Bautista xa vai preparando o seu camiño aplicando o mesmo bautizo de lume ca el traeranos.
E xa postos buscaremos en Feijoo o novo Moisés que nos ensina a terra prometida, na que o paro aumenta con máis intensidade que no resto de España, despois de dous anos e medios da nova política do futuro.
Estean tranquilos os césares e patricios. Quen teña fe no novo mesías alcanzará o maná das riquezas coas próximas privatizacións dos servizos públicos. Que importa que saiba ou non de docencia? Se sabe administrar unha empresa educativa que de beneficios económicos, logra unha boa ratio de superdotados illados do mundo real, e aproveita o subproduto do fracaso escolar como man de obra barata, terá sido unha boa elección.
Iso si, cada un poderá ir á escola que queira e poida pagar. Seguirannos dicindo que podemos elixir, pero o prezo será a barreira. E que se houbese unha mellor que as outras, sería imposible que todos os estudantes fosen a ela. Pero bo. O milagre dá o pego.
Que terá de malo a sanidade privada? Tendo diñeiro estaremos ben atendidos. Pero os pobres non quedarán sen atender. Para iso está a beneficencia e como nos sesenta, os hospitais para pobres.
E iso si. Como Rajoy prometeu e cumprirá, fará felices a todos os que o votaron. Os convencidos porque lles dará o que queren. Os outros, co pracer do masoquismo. E os demais? Fóra do paraíso será o choro e o chiar de dentes.
Que Deus nos colla confesados!
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (4)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje