 |
AS NEGACIÓNS:
En galego, nunha mesma oración poden acumularse dúas ou máis negacións parciais sen que se anulen unhas ás outras, xa que cada unha delas ten a súa función diferenciada.
Unha negación parcial é cando a negación lle afecta só a unha parte da oración (o suxeito, algún complemento...) e non a toda ela. A estrutura dunha negativa parcial pode presentar dúas ordes:
Negación + verbo: ningún problema teño. Non + verbo + negación: Non teño ningún problema.
Non deron ningunha razón, non teño ningún problema son frases perfectamente ben construídas; o que constituiría un erro sería dicir Non deron razón algunha, por exemplo, esa construción tipicamente castelá que ás veces se traduce literalmente a galego.
|
| |
|