Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  23/11/2012 17:28 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Basta!   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Non é santo da miña devoción e non serei eu quen o apoie. Ao final entre uns e outros embarullaron tanto o terreo de xogo que xa ninguén recorda en Catalunya que o que se decide o día 25, o problema principal é como se sae da crise, con recortes ou con políticas sociais.
Pero o deste PP que padecemos non ten límite. Primeiro aproveita a guerra entre nacionalismos, catalán e español, para que ninguén recorde as políticas de recortes dos gobernos catalán e español. E agora, aproveitan e/ou utilizan un inMundo libelo para embarrar máis o campo soltando insidias insoportables.
Non sei, e non poñería xamais a man no lume, se Artur Más ten ou non contas en Suíza ou outros paraísos fiscais. E se as ten, que o xulguen e condéneno. Pero a quen realmente non lle importa é ao Pedro JR, ao goberno e ao seu partido. O único que queren é que pareza que si.
Ata agora conviñamos que un borrador sen firma non era un documento senón un simple papel escrito. E se nese papel se mesturan, retallos de documentos dalgunha investigación xudicial con declaracións de sopróns non identificados, que simplemente insinúan que parece ser que... o resultado non parece moi serio.
Pero sitúa un candidato electoral, Más, en sospeitoso de todo, nunha situación de indefensión nas vésperas das eleccións catalás que fai que calquera demócrata teña que dicir abonda xa! e denunciar esta vil manobra para dar un pucheirazo electoral.
E logo o Fiscal Xeral do estado que desautoriza ao Fiscal catalán, o director xeral da policía que desmente aos mandos, e o inefable Ministro de Facenda, que cada vez me recorda máis ao Gollum do Señor dos Aneis, elevando a insidia de categoría dando por sentado que el sabe das contas suízas e dicindo que quen ten que dar explicacións é quen ten contas en Suíza. Vale que nos recorten todos os dereitos, pero suprimir a presunción de inocencia e inverter a carga da proba, non creo eu que axude a saír da crise.
Finalmente dende o PP piden a Artur Más que asine ante notario que se é certo o das contas, dimite. Para que? Primeiro, asinalo ante notario non lle obriga a facelo máis que telo dito publicamente. Segundo, se cometeu un delito... xa perde o cargo. Pero, e se é falso, alguén do PP vai dimitir?
A resposta é non. Ese verbo só saben conxugalo en terceira persoa.
Rafa.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » Basta! « - Rafa Castillo. - 23/11/2012 17:28 
    • Re: Basta! - balonga - 23/11/2012 19:37 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje