Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  19/07/2013 19:54 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Blanco campeón.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O Tribunal Supremo arquivou a acusación contra Pepe Blanco no caso Campeón despois de case dous anos. Dous anos de condena a telexornal que non se redimirán agora con dous días de publicación do arquivo da causa. Publicación que racanearán e esconderán máis os que máis duros foron publicando a acusación.
Eses dous anos de calvario fóronse alimentando de informacións falsas administradas polo imputado Dorribo en función do calendario de actos do ministro. Os que seguimos a campaña de Branco no 2011 viamos como cada acto público se vía embazado por unha nova declaración. Recordo perfectamente ver a Pepe Blanco sen comer no acto de presentación da candidatura en Monforte ao recibir a noticia dunha nova publicación. Ata saber o porqué tería xurado que estaba enfermo.
Coñezo, aínda que pouco, a Blanco e sempre puxen en dúbidas as acusacións contra el. Parecíanme incribles e o tempo deume a razón. Pero gran parte da política converteuse nun xogo cainita no que todo vale para facer dano. E unha mentira repetida mil veces convértese nunha verdade absoluta.
Oín onte a Pepe na Cadea Ser. Gustoume. Foi elegante. Preguntáronlle se esperaba que lle pedisen perdón e dixo que non; que en todo caso el tería que pedir perdón por non aplicar sempre correctamente a presunción de inocencia.
Pero realmente se habería que pedirlle perdón. Tería que pedirllo, por exemplo, María Dolores de Cospedal por dicir aquilo de que non entendía como seguía sendo Ministro. E debería de pedilo mesmo egoistamente para que agora se lle aplique a ela a presunción de inocencia. Pero seguro que non o fará. A ela abóndalle con mentir.
Animo Pepe! A construír o futuro!
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Blanco campeón. « - Rafa Castillo. - 19/07/2013 19:54 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje