Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  1/09/2012 12:26 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Bromiñas, as xustas.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
É unha noticia que pode pasar desapercibida ocupando un pequeno espazo dunha páxina interior dun xornal. Pero, ollo! que nas actuais circunstancias non podemos deixar de estar vixiantes. Non vaia ser que a historia se repita. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/09/01/coronel-avoga-intervir-cataluna-proclama-independencia/0003_201209G1P21991.htm
Nin son catalán nin son nacionalista, e moito menos independentista. Pero nin cataláns, nin nacionalistas nin independentistas son os meus inimigos. Son simplemente persoas que opinan de xeito diferente á miña opinión. Nin mellor nin peor, nin con máis razón nin con menos. E mentres eles, e os demais, o fagamos respectando as regras de xogo, é dicir, sen violencia e respectando como canle, non tampouco como dogma, a Constitución de todos, as súas ideas, as comparta ou non, son tan defendibles como as miñas.
Este militar decimonónico non se decata en que país vive. E non sabe que preferimos ser libre libres con dificultades económicas que años ben apesebrados. Que as patrias non son territorios, senón pensamentos en liberdade. Que somos maiorciños e non necesitamos que nos salven de nada. Que sabemos nadar e, no seu caso, mergullarnos.
E que non nos veña con eufemismos que para iso xa nos chegan os do PP. Certo é que o artigo 8 da CE di que as forzas armadas teñen a misión de garantir a integridade territorial (de España), pero a frase se completa dicindo: "e o ordenamento constitucional". E este é moi claro. A xefatura suprema das forzas armadas corresponde a El Rey, e a dirección da política interior e exterior, a Administración civil e militar e a defensa do Estado correspóndenlle ao goberno.
Polo tanto, o cumprimento das misións do exercito só é lexítimo se se fai baixo a xefatura do Rei e a dirección do goberno, pero, nin o exército, nin un militar trasnoitado solto son quen para decidir nin mover un tanque sen permiso daqueles.
E se o pobo soberano, polo procedemento constitucionalmente establecido de reforma da Constitución decidise hipoteticamente recoñecer a independencia dunha parte do Estado, todos e cada un dos militares, ademais de votar no referendo correspondente, do único que teñen que preocuparse é en cal dos dous exércitos que eventualmente xurdisen correspóndelle seguir prestando os seus servizos e cobrando o seu soldo.
E todo o demais é alta traizón e terrorismo rastreiro utilizando deslealmente as armas e militares que o Estado confiou baixo o seu mando. E esta situación que ao el señor Alamán Castro lle recorda o 36, a min recórdame o 78-81 cos seus Inestrillas, Milanes, Tejeros e 23-F. E as declaracións e opinións expresadas como militar polo devandito individuo, apoloxía do terrorismo coa agravante de ser militar. E polo tanto susceptible de serlle aplicada con todo o rigor a mesma lexislación que se aplica aos apoloxistas da ETA.
E como militar, a día de hoxe debería de estar a abrírselle xa un expediente disciplinario ou de expulsión, e tomarse xa as medidas preventivas de suspensión de funcións que correspondan.
Porque coas cousas de comer non se xoga.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Bromiñas, as xustas. « - Rafael Castillo Reboiro. - 1/09/2012 12:26 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje