Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  15/08/2012 20:10 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Burlas   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
A verdade é que xa non sei como definilos. Aos funcionarios recórtannos porque somos vagos e pasámonos o día co xornal e o café. Os emigrantes veñen só para ter sanidade gratis. E os parados non buscan traballo se cobran subsidio. E enriba teñen con eles a crueldade de esperar ao último día para anunciar que non lles retiran os 400€.
Pero, aínda con ese anuncio, non deben estar demasiado tranquilos. Esta é a primeira fase. A segunda será a rolda de prensa do venres correspondente. E o encontro na terceira fase será o sábado seguinte no BOE onde veremos a decisión real e que restricións terá o decreto.
Xa o dixo Rajoy. O Plan Prepara non cumpriu os seus obxectivos, porque os que o percibiron non encontraron traballo. Pero imos ver, xenio. Onde? É que hai traballo dispoñible nalgún sitio? Non hai máis de dous millóns de cidadáns que non cobran prestación e non encontran traballo?
Vós, tan sensibles cos pobres banqueiros, que polo ben que o fixeron non hai quen se fíe deles e lles preste un euro, inundádelos de préstamos baratos e capitalizacións ata 100.000 millóns a fondo perdido, non vos decatades que eses parados non encontran quen lles dea traballo, non por desconfianza cara a eles, senón porque non o hai? Presumides de relixiosos e ata nos queredes impoñer os valores da vosa moral hipócrita, pero esquecedes rescatar os seres humanos.
Si, Mariano, decátate. Nesta crise hai persoas que sofren un castigo inxusto por algo que non fixeron. Homes e mulleres convertidos en danos colaterais da voadura dun sistema de benestar que lle confiscastes. Segue recortándolles soldos e dereitos. Segue enviándoos ao paro. Explota o seu traballo e a súa suor. Quítalles liberdades. Golpéaos e encarcéraos se protestan.
Pero por favor! Non te burles deles.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Burlas « - Rafael Castillo Reboiro. - 15/08/2012 20:10 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje