Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  8/09/2012 18:55 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Cando as barbas do veciño vexas pelar...   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje

Cóntanos Rajoy, e minte, que como a Saulo o raio de luz o tirou do cabalo e o fixo ver a realidade. E minte porque podería descoñecer o 0,1% do desvío do déficit da Seguridade Social de 2011, pero si tiña que coñecer os grandes desvíos de comunidades como Valencia, Madrid ou Castela a Mancha.
E dinos agora, e minte, que fai o que ten que facer forzado pola realidade e por iso fai o que non quere. Porque non ten máis remedio. E esta vez a súa mentira é dobre. Primeiro porque realmente fai o que quere, o que sempre soñaron facer e nunca se atreveron. E segundo porque en política se está precisamente para cambiar a realidade. É posible que ao principio trates de capeala, pero ao ver por onde te leva, a túa obriga é cambiala.
Tamén Espartaco, Xesucristo, Robespierre, Carlos Marx, Mahatma Gandhi ou Martin Luther King encontraron unha realidade que non lles gustaba. Pero lonxe de conformarse con ela loitaron, cada un ao seu xeito, por transformala. A vida, a historia, non é un fatalismo que nos conduce ineludiblemente por un camiño determinado do que non podemos saír. Ao contrario, o camiño facémolo, como dicía Machado, ao andar.
E a clave está, claro en que dirección se quere camiñar. E aí é onde todos non somos iguais, aínda que entre cada grupo se parecen cada día máis. Por iso hai que ver o que está a facer a dereita portuguesa para ir facéndonos unha idea do que nos espera.
O Tribunal Constitucional do Portugal anulou a decisión do goberno de eliminar as pagas extraordinarias dos funcionarios. Sóanos, verdade? Dixo, entre outros argumentos, que non se podía facer caer todo o peso da crise sobre un sector concreto como eran os empregados públicos. Onte, o presidente portugués anunciou as medidas que vai adoptar para 2013. Repartirá mellor a carga? Agora verémolo.
Cunhas proporcións similares de funcionarios que aquí, o 14% de redución salarial que supoñían as pagas dos funcionarios, equivalería a cargar a todos os traballadores co 2%. Pero como en España, en Portugal non hai só traballadores, hai profesionais, empresarios, autónomos, ricos... unha boa repartición sería moi inferior ao 2%, e se a repartición fose progresiva, os que menos medios teñen non sufrirían impacto, e contribuirían máis os que máis tiveran.
Pois non. En Portugal seguirán suprimindo as pagas extra dos pensionistas, aumentan no 7% a cotización social de todos os traballadores e rebaixan no 5,75% a achega das empresas. É xenial para os seus fins. Ao final recadan o mesmo, e págano todos os traballadores, pero non co 2%, co 7% e co resto fan rebaixas aos empresarios, que pagan menos que antes. E os que máis teñen, ao seu, a seguir gañando e sen contribuír.
Por iso, claro, todos somos iguais.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Cando as barbas do veciño vexas pelar... « - Rafael Castillo Reboiro. - 8/09/2012 18:55 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje