Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  9/11/2012 20:07 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Cando tomaremos a Bastilla?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Hai uns días queimábame o suicidio dun home a noite anterior ao desafiuzamento da súa vivenda, na que se encontraron o equipo xudicial que ía desaloxalo co que levantaba o seu cadáver.
Hoxe morreu unha heroína. Unha muller ex-concelleira, casada con outro ex-concelleiro e nai dun mozo de 21 anos. Podería citar por que partido foron concelleiros, pero é igual. Só dígoo para que se vexa que non era unha indocumentada. Que, para min, aínda que o fose sería igual.
Creo que foi unha heroína porque o seu acto de botarse cando estaban xa alí os do xulgado, pretendía seguramente, chamar a atención sobre o seu caso de forma que os bancos e os seus hipócritas dirixentes non se atrevesen xa a executar o desafiuzamento. Co seu xesto sacrificado salvou á súa parella e seguramente os estudos do seu fillo.
Pero o que esa admirable muller deixou de manifesto é o intolerable desta situación. Salvamos os bancos coma se fosen os nosos fillos. Por eles sacrificamos o noso benestar e felicidade, a nosa sanidade e a investigación, a educación e o futuro dos nosos fillos, o coidado e tranquilidade dos nosos vellos, o noso traballo, o noso horario e os dereitos sociais logrados con tanto esforzo. A nosa casa que eles valoraron á nosa costa e que agora vale a metade pero pagamos dobre.
E agora, se temos unhas preferentes que vencen no 3000, quédannos 988 anos para cobralas. Eles dixéronnolo, eles mentíronnos e nós fodémonos. Pero se compramos un piso ao prezo que eles valoraron e coa hipoteca que eles sinalaron, aí o asinado por eles non vale. Non podemos dicirlles: se vostede asinou que valía 200.000 €... pois agora queda con ela e devólvenos o xa pagado.
Non. Estamos a salvar o monstro que despois nos devora. Xogámonos todos por eles e eles déixannos sen casa e debéndolles. E énchense de propiedades que nunca poderán liquidar para xustificar os seus balances. E cando eses centos de miles de vivendas baleiras baixen de prezo porque ningún poderemos compralas, os que provocaron todo isto compraranas para se mesmos para volver especular.
De verdade. As manifestacións e folgas están ben. E vou a elas. Pero, cando tomamos a bastilla?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Cando tomaremos a Bastilla? « - Rafa Castillo. - 9/11/2012 20:07 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje