Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  28/04/2012 03:22 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Catro cafés.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O conselleiro de Saúde e Asuntos Sociais de Castela-A Mancha dicía con sorna, o outro día, que os dez euros do copagamento nos medicamentos, que correspóndenlle a un pensionista, equivalen a catro cafés. E non é que o café subise tanto dende aquela entrevista ao Presidente Zapatero. Acontece que este o tomaba no bar do Congreso e seguramente o conselleiro nunha zona máis VIP.
E claro. Este goberno, obsesionado por contentar e alimentar a uns mercados cada día máis voraces, esquece completamente que tras as cifras e a macroeconomía hai uns suxeitos pasivos das súas decisións. E son, créano ou non os nosos gobernantes, seres humanos.
Onte oía na radio unha reportaxe sobre un home, Vicente, mestre que chegou a gañar 360.000Pts. ao mes e que hoxe sobrevive coa súa muller e a súa filla con 426€. Prestáronlle un baixo no que vivir, pero aínda así cústame entender como tres persoas poden sobrevivir con catorce euros diarios.
http://www.cadenaser.com/actualidad/audios/rostro-paro-hoy-hoy-27-2012/csrcsrpor/20120427csrcsr_15/Aes/
Explicaba que á súa filla lle gustaba o chocolate, pero pasaba sen el. Que deixara de fumar e que non recordaba entrar a un bar. O euro do café, dicía, era un quilo de feixóns. Así pois, señor José Ignacio Echaniz, dese conta que o copagamento non son catro cafés. Son 10 quilos de feixóns. Este xa esqueceu a demagoxia de Fraga Iribarne preguntando no Congreso polo prezo dos garavanzos.
Menos mal que a crise rematará pronto, porque se ao señor Vicente se lle ocorre facer unha chapuciña, para regalar á súa filla unha libra de chocolate, o fritiremos a multas. Estaría bo que ese individuo arruíne o país e logo non poidamos amnistiar os nosos defraudadores de ben.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Catro cafés. « - Rafa Castillo. - 28/04/2012 03:22 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje