Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  8/08/2012 10:30 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder CIS   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Algo destaca na última enquisa do CIS por enriba do rápido desgaste do PP quen paga as consecuencias, tanto da súa demagóxica oposición, como da errática e nefasta acción de goberno e o desprezo a unha cidadanía que ve atónita como desaparece ante os seus ollos o estado de benestar que tanto esforzo constou construír.
E iso que destaca, é que o PSOE, malia a desfeita popular, apenas alcanza a recuperar un punto na confianza cidadá, e permanece no profundo pozo no que caeu nas pasadas eleccións municipais e xerais.
E isto é moi grave porque implica que dende o PSOE non se está a dar aos cidadáns o que necesitan. Por suposto non hai que facer o que fixo o PP cando gobernaba Zapatero. É certo que temos que facer unha oposición responsable. Pero o que temos que facer, sobre todo é construír unha auténtica alternativa á política actual.
Despois das eleccións, e ata o Congreso Federal Socialista, advertín como outros moitos compañeiros, o erro no que estabamos a caer preocupándonos en pechar unha ferida sen curar, en buscar un liderado sen facer a necesaria análise profunda dos porqués da caída e cal era a formulación que tiñamos que facer cara ao futuro.
Hai uns días formulaba un posible, aínda que moi difícil pola incapacidade do PP para negociar, escenario para a saída da crise. En http://rafacastillo2.blogspot.com.es/2012/07/los-pactos-de-la-moncloa.html propoñía unha reedición dos Pactos da Moncloa con todas as forzas políticas e sociais definindo o camiño, os límites e o futuro deste país.
Non sendo iso posible, de nada serve apoiar un goberno errático que ten maioría absoluta e goberna por decretos de tres tempos, a presentación, a rolda de prensa e o BOE, enganando a propios e estraños. A responsabilidade está en ofrecer aos cidadáns un escenario de futuro con esperanza e ilusión. E niso temos que centrarnos. En definir a alternativa socialdemócrata para a saída da crise. Pero non uns retallos con propostas inconexas para parchear problemas de conxuntura. Unha alternativa progresista, socialista, dunha sociedade máis xusta e solidaria, cun crecemento sostible económica e ambientalmente.
Senón o facemos así, veremos como sucesivas enquisas nos irán dando conta da desafección da cidadanía cara aos seus políticos, que nesta crise merecen o triplo de desconfianza que os banqueiros (24-8). Manda ovos! Ao final acabaremos rompendo o xoguete.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » CIS « - Rafael Castillo Reboiro. - 8/08/2012 10:30 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje