de luns a venres/balonga     Fecha  5/05/2012 11:10 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder CiU e oAVE para Galiza   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
-AA+
CONTRADISCURSO
CiU e o AVE para Galiza

--------------------------------------------------------------------------------

Etiquetas:

03/05/2012 - Xabier P. Igrexas

As declaracións de diferentes representantes de CiU contra o investimento no AVE galego volven retratar a forza 'nacionalista'-conservadora catalá. Apartemos da cuestión o entusiasmo ou rexeitamento que xera unha infraestrutura discutíbel coma o tren de alta velocidade. O tema é outro. A defensa dunha balanza impositiva máis favorábel aos intereses cataláns é unha aspiración lexítima. Facelo ademais cuestionando o proceso de recentralización política e económica do Estado é razoábel. Porén, cuestionar un investimento nun territorio coma Galiza co que o Estado acumula unha débeda histórica é irracional e inxusto. Cabe engadir ademais que Galiza tamén achega máis ás arcas centrais do estado -en impostos- do que recibe destas -en financiamento- como ten demostrado reiteradamente nas súas análises económicas Xosé Díaz Díaz.



Os líderes de CiU para reequilibrar os orzamentos xerais do Estado ao seu favor optaron por bater contra o investimento en Galiza presos da súas posicións políticas. Dificilmente poderían pedir a rebaixa do gasto militar demandando a retirada de tropas en misións imperialistas, xa que contan co seu apoio entusiasta. Tampouco podían reclamar unha reformulación da fiscalidade na liña contraria ao modelo neoliberal que partillan. Non falemos xa de pedir a supresión dos beneficios da igrexa católica, tendo en conta a pata democristiana da coalición catalá.



A orientación social de CiU non sorprende. No Parlamento europeo a Convergència do President Mas fai parte do grupo liberal-demócrata e a Unió de Durán do grupo popular, ao carón do PP español. Un aliñamento que se substancia no apoio no Congreso ás sucesivas contrareformas laborais e á práctica totalidade dos recortes sociais, obxectando unicamente que non son suficientemente duros. Ou nas políticas que aplica o actual govern, que empatan coa liña antisocial, antiobreira e represiva do goberno Rajoy.


O seu carácter nacionalista non pasa dunha retórica electoral que instrumentaliza a maioritaria conciencia nacional do pobo catalán. Ao marxe das proclamas independentistas -ao estilo Laporta- nada máis alá do traspaso competencial dentro do exiguo marco autonómico. Tanto, que a reivindicación do exercicio de autodeterminación se utiliza, sen rubor, como moeda de cambio na demanda dun concerto económico propio.


Con todo, non deixa de sorprender e decepcionar que quen di pular por un modelo de Estado descentralizado equipare o sobreinvestimento estatal na Comunidade de Madrid coas partidas orzamentarias que se destinen a un territorio periférico como Galiza. É decepcionante escoitar a quen di apostar por un deseño de Estado que recoñeza a plurinacionalidade teimar en condenar ao empobrecemento e á dependencia a unha das nacións que o compoñen.


Iso non é nacionalismo por máis que se vista de tal. A burguesía non ten patria, só carteira.


http://www.contradiscurso.net/

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » CiU e oAVE para Galiza « - de luns a venres/balonga - 5/05/2012 11:10 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje