Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  5/03/2012 20:13 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Coidado cos idos de marzo.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Se o libro As verdadeiras centurias astrolóxicas e profecías, publicado en 1555 por Nostradamus, é considerado por algúns un libro profético, e os auríspedes entre os etruscos analizaban as entrañas das aves, non cabe dúbida que Peridis é todo un experto en analizar os miudiños das gaivotas populares.
Ata as eleccións, cando vía na habitual viñeta do Peridis en El País a Rajoy eternamente deitado, cría que o xenial debuxante reflectía o pasado, entón presente, de Mariano tombado en espera da comitiva que acompañaría o cadáver político do seu rival.
Pero non. Non sei se Peridis o facía conscientemente ou era o seu espírito clarividente quen impulsaba o seu lapis. Pero os seus debuxos describían o actual presente dun Presidente ausente e escondido da realidade. Dende o non-programa da campaña electoral ás evasivas e falta de mensaxe do seu actual discurso. E mesmo á súa falta de discurso.
Non é xa que oculte a súa intención aos cidadáns. Nin ao Parlamento. É que nin llelo conta aos xefes, aos líderes europeos. E iso si, co seu silencio pretende crear confianza. Dixo, nin pactei nin deixei de pactar e déficit con Bruxelas.
Iso poden crelo os máis acérrimos dos seus militantes. Crerao o Pedro JR, o Gato al Agua, os de Intereconomía, Jiménez los Santos e ata a Cope. Pero ninguén máis. Nin os españois, nin os europeos, nin as persoas intelixentes en xeral, poden crer algo tan estúpido como un nin si, nin non nin todo o contrario. Un permanente “nin contigo nin sen ti, teñen os meus males remedio: contigo porque me matas; e sen ti porque morro”. Todos, sen saber cal é a verdade, sabemos que ou foi si, ou foi non.
Salvo que, xa que empezamos con fenómenos paranormais, esteamos ante unha dislocación do espazo-tempo. Non pactei agora para agora, pero si pactei agora para o futuro. Desgraciadamente non fará falta consultalo con Stephen Hawking. Desgraciadamente abondará esperar á rolda de prensa do día 30, e o que é peor, ao BOE do 31 para saber o que vale un peite. Se non o remedian asturianos e andaluces o día 25 ou todos o 29 de marzo.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Coidado cos idos de marzo. « - Rafa Castillo. - 5/03/2012 20:13 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje