Rafa Castillo    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com Fecha  5/04/2012 17:18 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Conciliación.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Hai uns días, nunhas desconcertantes declaracións, o pseudo progre ministro de Xustiza Gallardón falaba de recortar o dereito ao aborto, volvendo á lei anterior, para protexer o dereito das mulleres a ser nais, alegando que moitas sentían presión social para non o ser.
Alguén do ámbito do goberno saíu no seu apoio dicindo que o 80% dos empresarios discriminaban as mulleres que optaban por ter fillos. E o propio ministro redondeouno dicindo que mentres haxa unha muller que querendo non poida ter fillos...
Como estou seguro que Ruiz Gallardón non é estúpido, teño que concluír que toma por parvos aos seus votantes. Alguén terá que explicar que ten que ver prohibir abortar a quen voluntariamente queira con protexer o dereito á maternidade. Porque, recordemos, o aborto é voluntario.
Tería en cambio moito campo, don Alberto, para apoiar e axudar as mulleres que deciden ser nais. Puido, por exemplo, aproveitar a reforma laboral, que permite considerar procedente o despedimento de alguén por absentismo de 8 días en dous meses (unha muller con problemas no período, quen padeza frecuentes xaquecas ou dores de moas, ou teña enfermidades non diagnosticadas) metendo no mesmo paquete aos verdadeiros vagos a aos traballadores con problemas. Puido, dicía, aproveitar esa reforma para tomar medidas con ese 80% de empresarios, segundo eles, desvergonzados.
Puido recuperar o cheque bebé de Zapatero, ampliándoo mesmo, ou evitar que se suprimise a bonificación de 100€ na Seguridade Social ás empresas con nais recentes no seu persoal.
E puido evitar un dos recortes presupostarios que máis afectan ás mulleres que teñen ou queren ter fillos. Na comparecencia ante o Congreso, a Secretaria de Estado de Educación anunciou que se retiraba o programa Educa-3, establecido polo anterior goberno, porque o seu fin non é pedagóxico senón de conciliación. Negando a primeira, pois si ten compoñentes pedagóxicos como é a entrada do menor de forma gradual ao sistema de ensino, que opina Gallardón sobre a supresión dun necesario programa por ser de conciliación?
Por favor. Que digan esas cousas na intimidade, nos seus congresos, nas súas asembleas, pero que non intenten enganar os cidadáns. Á fin, só hai un colectivo de mulleres ás que o seu ámbito social lles impide realmente ter fillos. As monxas.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » Conciliación. « - Rafa Castillo - 5/04/2012 17:18 
    • Re: Conciliación. - Ana Pilar Andrade Pardellas - 5/04/2012 21:28 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje