Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  20/09/2012 17:05 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Covarde.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O que sempre presentou como prudencia, o pouco tempo que leva no goberno nos demostrou que non é máis que pura covardía. Este, que dicía que xeraría confianza porque a súa actuación era previsible (o peor que se pode dicir dunha persoa intelixente), resulta que non actúa por medo, por covardía.
Ten a mesma "virtude política" que un entusiasta profesor meu de FEN predicaba do seu caudillo. Ten sobre a súa mesa dous montóns de papeis: asuntos que o tempo resolverá e asuntos que o tempo resolveu.
E a inactividade do presidente vénse demostrando que non é cuestión de prudencia. É unha terrible combinación de incapacidade e medo. É por iso que quen dixo que nunca mentiría aos españois non comparece ante a opinión pública, agás en terreo propio. Non sabe que facer, incapacidade, e non se atreve a confesalo, medo. E o peor disto é que para non o asumir nin sequera o consulta con quen puidese axudalo.
É por iso que non tivese ido á homenaxe a Miguel Ángel Blanco se non fose porque se logrou un pacto de non-agresión. É por iso que non fala á opinión pública máis que dende o estranxeiro, en actos do seu partido ou na "súa" televisión pública.
E é por iso que nin antonte, nin onte nin hoxe foi alí. O mesmo Rei, que non se prodiga neste tipo de actos, porque de facelo tería que ir a moitos, fixo con el unha excepción e compareceu xa o primeiro día. Pero Mariano non se atreveu. Non se arriscou a almorzar o día seguinte oíndo os Pedro Jota, Jiménez Los Santos e compañía. Por iso o non tivo a valentía, nin a nobreza, a elegancia e a bonhomía de ir á capela ardente de Santiago Meixela.
Cada un retrátase cos seus actos.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Covarde. « - Rafael Castillo Reboiro. - 20/09/2012 17:05 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje