Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  1/03/2012 20:56 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Crise? Que crise?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
En 1983 estreouse a película de cine "o día despois" que relata as consecuencias dunha hipotética 3ª guerra mundial con mísiles atómicos en Kansas City. Recordo a escena entre dous militares que vixiaban un silo de mísiles despois do seu lanzamento. Un deles abandona a base, e cando o seu compañeiro pregúntalle como é que vai desertar en plena guerra, el responde: "a guerra xa rematou".
E vén isto a conto porque algúns cren que Europa aínda está en crise. E centran o seu debate en se ao enfermo lle fai falta unha transfusión ou unha sangría. Se hai que podar a árbore ou é necesario enxertalo. E ese debate está xa superado pola realidade. Só fai falta que nos decatemos.
Fai 3 ou 4 anos, o debate era correcto. Pero ninguén en Europa formulou en serio a opción de transfundir ou de enxertar. Naturalmente o sangue ou os brotes habería que obtelos, vía impostos, dos elementos máis sans e fortes da sociedade. As grandes rendas, os grandes capitais. Pero non lles tocamos e colocamos agullas para o sangrado e tesoiras para a poda. A consecuencia era de esperar. Os ricos máis ricos, os poderosos máis poderosos e os demais, máis fodidos.
E hoxe, os vellos roqueiros, os que en Europa nos sentimos de esquerdas, miramos con envexa a USA, quen o ía dicir, onde quen acabará sendo o último referente da esquerda, Barack Obama, sen recortar dereitos, estendendo a seguridade social e aumentando impostos aos máis favorecidos, ve como Wall Street recupera o nivel bolsista e a súa economía, aínda con problemas, crece ao 3%.
Por iso, non nos enganemos, en Europa xa non hai crise. Falta que nos decatemos, pero Europa xa quebrou. Meteuse na espiral do desaugadoiro e rema con empeño ao centro do sumidoiro. E agora xa non hai que facer. Non queda onde impoñer impostos, salvo que se decida unha revolución, pacífica pero total, e as medidas de recorte só provocarán máis débeda e menos PIB.
Por iso hai que empezar a pensar no día despois. Porque ou construímos entre todos un campamento de supervivencia onde todos xuntos recibir a axuda humanitaria (económica) dos demais países, ou cada un métese no seu refuxio nuclear coa súa familia e deféndeo a tiros do asalto dos seus veciños, mentres cada cal intenta roubar os demais.
Esta escena está na película, entre diversos individuos. Pero esta escena, a nivel de países, tamén tería que recordala Europa. Se non somos capaces de saír xuntos, pelexarémonos entre nós. País contra país fóra, e clase social ou movementos políticos radicalizados contra outros dentro.
Así orixinou Europa a 2ª guerra mundial despois da crise do 29. Seremos quen de evitar a 3ª?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Crise? Que crise? « - Rafa Castillo. - 1/03/2012 20:56 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje