Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  8/03/2012 02:04 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Dáme perexil, por favor?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Monseñor Gallardón sentou cátedra hoxe no Congreso dos Deputados. Nada menos dixo que "Creo que en moitas ocasións se xera a violencia de xénero estrutural contra a muller polo mero feito do embarazo".
Por suposto fixo ben ao dicir "creo", faltaría que dixese que o sabía. E naturalmente creo como creen os fanáticos, os integristas e os fundamentalistas cuxa fe lles anubra a razón e lles oculta a realidade.
Xustifica a súa eminencia reverenda o seu proxecto de recortar ese dereito conquistado pola sociedade e as mulleres en promover e apoiar a maternidade das que así o desexen. E quen está en contra disto? Pero pódese axudar á muller que pola súa vontade queira ser nai, sen por iso prohibir decidir sobre o seu corpo a quen non queira selo.
A isto engadamos as restricións de sanidade á pílula do día despois e xa só falta a prohibición do preservativo para mellorar a conta de resultados das empresas, privadas por suposto, de abortos clandestinos.
Non sei, do dito polo venerable pai Gallardón, que é o que máis me molesta. Se o día elixido, 8 de marzo, día da muller traballadora, o menosprezo feito ás mulleres en xeral con expresións emanadas da maior misoxinia imaxinable, ou frivolizar a expresión, violencia de xénero, que acuñamos na difícil loita contra o terrorismo contra a muller.
En fin. En pouco tempo volveremos comprar condóns clandestinamente. Para os máis novos que non o saben, direilles que había que achegarse aos carriños nos que se vendían as lambetadas, ou as novelas de Corín Tellado e Marcial Lafuente Estefanía e pedir perexil.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Dáme perexil, por favor? « - Rafa Castillo. - 8/03/2012 02:04 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje