Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  21/12/2011 02:44 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Debate de liderazgo.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
A verdade que estes congresos expresos, isto si é alta velocidade, póñennolo difícil. E non é, non, porque por exemplo o día 8 de xaneiro envíen ás agrupacións locais a proposta de relatorio marco e que o propio día 9 ou ata o 15 como máximo, poida ser a asemblea local. É dicir. Teremos entre 1 e 8 días para lela, preparar posibles emendas, traballalas en conxunto, debatelas e aprobalas.
Non. O que nos pon difícil está velocidade de vertixe é fixar as propias ideas. Algúns somos lentos para iso, e tan torpes que tardamos en analizar os pensamentos dos demais. E póñome a min mesmo como exemplo.
No exercicio do meu cargo orgánico no partido, o de oínte, asistín o sábado ao Comité Nacional Galego do PSG-PSOE. Hoxe estiven no Comité Provincial de Lugo e entre ambos os dous asistín en Santiago a un interesante debate entre un representante dunha empresa de mercadotecnia política e persoas do prestixio de Barreiro Rivas e Antón Losada. Os tres actos fixeron variar a miña seguramente pouco fundada, opinión. Poñamos por exemplo o día de hoxe.
Lin, despois de comer, o publicado na prensa sobre as opinións do Secretario Xeral de Pontevedra que dicía que, mentres moitos piden que falemos dos problemas da xente, el opina que é o momento de falar de nós mesmos, de facer un debate nominal.
Nin que dicir ten que fun a Lugo botando pestes contra a opinión do meu compañeiro, eu que propoño como fundamental o debate de ideas, non de persoas nin liderados, e que penso que estes congresos expresos, en España e en Galicia, pechan en falso as feridas e serán causa de novas crises. Pois ben. Ao saír do CPL xa cambiara radicalmente de idea.
Seguro moitos recordan as famosas pirámides, aqueles enganos de finais dos 80 nos que achegabas unha cantidade de diñeiro e se che garantía que ao chegar ao cume da pirámide terías uns grandes beneficios. A verdade é que cando chegaba o primeiro se saía (e cobraba) e a pirámide dividíase en dous iguais, cada unha coa metade de membros que volvían crecer ata que os seguintes chegaban ao cumio. Pero, recalco, cada unha tiña a metade dos membros das orixinais.
Pois ben. Iso pasa no PSOE, federal e galego, dende que recordamos os xa veteranos militantes. Foise, por exemplo, Felipe en Madrid, ou Paco Vázquez en Galicia e a corte de executivos aduladores dividiuse en dous, Almunia - Borrell ou Touriño - Cortizo en cuxas liñas se repartiron os mesmos que xa estaban sempre. E o mesmo pasa agora tras Touriño e Zapateiro. Ao final desaparecen os líderes, Felipe, Touriño e Zapateiro, e os demais seguen os mesmos, pero en dous bandos. Os que lograron que non lles levantasen o cu da cadeira, e os que, ante a escaseza de postos recibiron a patada na devandita parte anatómica, e pelexan desesperadamente para volver apousentala sobre a mesma poltrona.
E así se mantén o continuo bucle no que o onte deputado autonómico é o actual senador e será o futuro deputado estatal, mentres os outros son os seus delfíns que lle quentan ou gardan o posto.
E claro. Cando perdemos, eses mesmos de sempre, din que non soubemos facer chegar a mensaxe aos electores, xogando na ambigüidade de se foron eles os malos comunicadores ou fomos as bases os incapaces. E como non está claro, reafírmannos a cada un no seu papel. Eles dirixentes, e os demais bases. Porque iso si. Eles, a Beautiful People do partido, son os que cumpren os criterios da mercadotecnia.
Pois, que queres que te diga. Cheguei á conclusión de que non. Que a mercadotecnia non é quen decide a vitoria electoral. Nin as campañas, con máis ou menos actos e carteis. Nin sequera os militantes inaccesibles ao desalento pegándoos. É máis. Por primeira vez foi certo iso de que lle gañamos ás enquisas. Baixamos máis do que prevían.
Sigo pensando que hai que recuperar e renovar os ideais socialistas, pero agora vexo que nin iso abonda.
Non é que os cidadáns non entendan a nosa mensaxe. É que nin nos escoitan. E non nos escoitan porque eles tamén viven o seu bucle connosco. Como imos convencer a ninguén de que renovamos as ideas, se son sempre os mesmos os que o din?
É hora de que os que estiveron na visibilidade do partido, dende hai moito ou dende hai pouco, en cargos orgánicos ou institucionais, sempre no mesmo ou autorrenovándose cada vez, bos xestores e políticos ou malos, populares ou rexeitados, responsables da derrota ou salvadores do naufraxio, é hora de que todos teñan a xenerosidade de dar un paso atrás, non por culpables, senón por sacrificio, necesidade ou grandeza.
Talvez a mensaxe chegue mellor á xente cun dirixente ou candidato feo e tartamudo, pero que de aos cidadáns o sinal de que algo cambiou.
E para os que non o asuman así, haberá que aplicar a doutrina de Modesto Pose, o Secretario Provincial de Pontevedra. Debate nominal. É dicir, como en Grande Irmán. Todos nomeados para abandonar o terreo de xogo.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Debate de liderazgo. « - Rafa Castillo. - 21/12/2011 02:44 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje