Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  1/11/2012 21:25 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Déficit de líder ou de programa.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Está estes días, tanto no PsdeG coma no PSOE, producíndose un debate sobre se temos un déficit de liderado ou témolo de programa. É certo que a maioría dos que votan non o fan polo programa. Pero eses votos xa están repartidos. A cuestión é saber que esperan os que deixan de votarnos. E eu creo que esperan un programa.
E non me refiro a un tocho preparado para as eleccións, que ninguén le e que só serve para dicir que o temos. Refírome a un compromiso direccional claro que sexamos capaces de facer crible porque empecemos por crérnolo nós.
Cando gañamos hai 30 anos, posiblemente ninguén lera o programa pero había unha palabra clave, "cambio", que todos os cidadáns sabían perfectamente o que significaba vindo do PSOE e o que podían esperar. Igual que cando o PP di que quere cambiar algo, todos os progresistas nos botamos a tremer. A pregunta é, se hoxe dicimos cambio, os cidadáns saben exactamente e de xeito indubidable a que nos referimos?
Por iso creo que é necesario un urxente e repousado proceso congresual que empece xa pero tarde en rematar. Un proceso no que analicemos os nosos erros, non para flaxelarnos, pero si para superalos. No que nos abramos ás achegas da xente, e no que os militantes se sintan protagonistas escoitados.
Un proceso no que elaboremos un contrato do partido coa sociedade. Un compromiso inequívoco de que nova e definitivamente as persoas estarán por enriba dos bancos. De que recuperaremos o estado de benestar que tiñamos e o seguiremos ampliando. De que a ese benestar achegarán máis os que máis teñen para garantir o seu financiamento.
Un compromiso de que buscaremos unha solución que faga, a todos os pobos de España, sentirse cómodos e a gusto no noso país. De que impulsaremos con todos os socialistas de Europa, as reformas necesarias para que a nosa Europa retome o camiño que levaba, de ser a patria común dos cidadáns europeos, e non un instrumento de dominio dos bancos.
Un compromiso de que impulsaremos, con todos os progresistas do mundo, unhas novas regras de xogo nos mercados mundiais e na globalización que permita que no planeta propiedade de todos os homes e mulleres do mundo, as persoas e a solidariedade teñan máis mobilidade que os capitais.
Un compromiso de que loitaremos para que a competitividade no comercio mundial se logre aumentando os dereitos dos traballadores, tendendo a unha nivelación por arriba e non por abaixo como se fai agora. Un compromiso de que a explotación dos recursos de todos se fará sen esquecer a protección do medio.
Un compromiso de que o comportamento do noso partido, os seus cargos e dirixentes será absolutamente incompatible co nepotismo e a corrupción. De que os cargos, institucionais e do partido, non serán un medio de vida, senón un lugar dende o que traballar para lograr a xustiza social... E poderiamos seguir unha ampla enumeración.
Por suposto, temos que empezar por crer nós mesmos estes compromisos para facérllelos cribles aos demais. Por iso debemos empezar por aumentar a democracia interna e como remate do proceso, dotarnos dunha nova dirección que poida mostrar aos cidadáns ese partido renovado e con zume novo.
Un novo líder do que esteamos seguros que nunca poderá encontrar ninguén un cadáver do pasado no seu armario.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Déficit de líder ou de programa. « - Rafa Castillo. - 1/11/2012 21:25 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje