Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com Fecha  16/04/2012 02:14 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Deixarémolos?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Hai uns meses, un Felipe González indignado dicía: "non deixen que toquen a sanidade e a educación. E ao que a toque... bóteno pola ventá! ". Pois ben. É xa hora de ir abrindo a ventá para que, polo menos, ao saír non nos rompan os cristais.
Recorda alguén como empezou esta crise? Orixinouse coa caída do banco americano Lehman Brothers e o arrastre que produciu sobre os demais. O caldo de cultivo para aquela situación era a mala situación da banca que concedera excesivos créditos mal garantidos e a burbulla inmobiliaria da que, xunto aos construtores, eles tiñan gran parte da culpa.
Din os banqueiros que a ninguén o obrigaron a pedir créditos, e teñen razón. E é posible que moitos pedísemos un crédito sen ter en conta as consecuencias se a nosa situación cambiaba ou se perdiamos o traballo.
Pero o que tamén é certo é que nós non atracamos os bancos, nin lles pedimos os préstamos pistola en man. E que se algún se meteu en investimentos de risco foi por descoñecemento e mal asesoramento dos expertos bancarios vendedores de fume. Naturalmente non haberá forma de probalo, pero seguro que houbo moitos casos asimilables a estafas en busca duns suculentos beneficios e comisións para o bancario.
E cando todo empezou pensamos que encontraramos un fallo no capitalismo ultraliberal e era o momento de reformalo. Nicolás Sarkozy á cabeza. Pero a súa parella de baile, Ángela Merkel, pronto o fixo cambiar de idea e impoñer entre ambos os dous unha demencial política económica que se pode resumir en reducir o déficit para poder pagar aos bancos. Política que o noso inefable Mariano Rajoy segue e defende con entusiasmo.
E para salvar eses suxeitos xurídicos que son os bancos e institucións de crédito, persoas xurídicas, pero sen corazón, non importa cantas persoas físicas, con corazón, mente e alma queden na cuneta.
E para salvar o sistema económico que sempre lles beneficia, teremos que sacrificar o noso sistema de benestar, o noso estado social, os nosos dereitos como seres humanos, e ao cabo, a nosa democracia.
Deixarémolos?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Deixarémolos? « - Rafa Castillo. - 16/04/2012 02:14 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje