Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  23/10/2012 21:22 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Derrota.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Transcorridas xa 48 horas dende as eleccións autonómicas en Galicia, é xa o momento de empezar a análise e extraer as primeiras conclusións. E a primeira, vista dende o PSG-PSOE, é clara. Tivemos unha derrota sen paliativos. Unha derrota moi grave nas actuais circunstancias.
E é unha derrota grave non só pola súa magnitude e por seguir marcando unha caída sen fin a un pozo profundo, senón por que se produce nunha situación na que obxectivamente o PP tería que levar un forte castigo. E é certo que o levou. O PP perdeu máis de 106.000 votos, o 14% respecto aos seus resultados do 2009. Pero é que nós perdemos o 39% dos votos, case 190.000.
Simplemente, se non tivésemos perdido votos e sen recoller nin un só dos perdidos polo PP o resultado tería sido 33-27-6-9 o que supoñería unha severa derrota do partido popular, un cómodo goberno para o conxunto da esquerda e un serio aviso a Rajoy respecto ás súas políticas restritivas.
Onde foron os nosos votos? Vendo os resultados é doado ver que unha gran parte se foron á abstención, uns 50.000 a IU-ANOVA e o resto a outros partidos e candidaturas xurdidas dos movementos sociais.
Alguén preguntaba a noite do domingo onde estaba a xente das manifestacións. Porque aí está o grave. Equivócase Feijoo se pensa que esta é unha gran vitoria. Equivócase Rajoy se cre que é unha lombeirada á súa política de recortes. A xente non está contenta. O que acontece é que non ven en nós, nin no BNG, a bandeira que seguir. Non estamos a ofrecer a alternativa que necesitan. Por iso, cando ven unha nova oferta, moitos corren cara a ela.
Todo isto implica unha reflexión serena e moi profunda. Equivocariámonos se o formulamos como un problema de liderado. É un problema de falta do proxecto axeitado e de credibilidade para presentalo. Mal fariamos se convocásemos un congreso urxente para aprobar un documento que ningún leu e nomear un novo líder ou ratificar a este.
O congreso haberá que convocalo pronto, pero debe ser un proceso longo. Un proceso cunha primeira etapa aberta á sociedade, e logo unha profunda análise nas agrupacións antes de aprobalo ou emendalo e elixir os congresistas. Se se fai así eu colaborarei dende estas páxinas, e seguro que moitos compañeiros o farán cos medios de que dispoñan. Se non, poderemos asistir a unha sangría de militantes desencantados e unha continua perdida de votos. E entón, como dixo hai anos Ceferino Díaz nun comité nacional, o último que apague a luz. E que a pague.
E alguén virá que nos substitúa.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Derrota. « - Rafa Castillo. - 23/10/2012 21:22 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje