Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  2/02/2013 09:45 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder E agora qué?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
A situación que vive o país é a máis grave nos nosos 35 anos de democracia. Vivimos a crise económica máis profunda que se recorda e sen vías de solución. Cada vez somos máis pobres e hai menos onde xerar recursos. Ou si hai onde, pero é nos “intocables”.
E se isto afasta os políticos da sociedade, vén unha auténtica nube de corrupción e complícao todo. Os papeis de Barcenas, os casos Gurtel, Pokemon, Palau, e mil máis que afectan a todos os partidos que teñen poder menos de momento en Euskadi, seguramente porque tiñan cousas máis importantes de que preocuparse. Pero estamos todos salpicados, PP, PSOE, Converxencia, Unió, Coalición Canaria ou Unión Mallorquina.
Sería de esperar hoxe un artigo sobre o caso Barcenas, pero para iso haberá tempo. Hoxe vou falar, unha vez máis, do importante. De nós mesmos. E como Jhon F. Kennedy temos que pensar non no que España fará por nós (gañar as eleccións pola caída do PP), senón no que nós podemos facer por España.
O peor que podería pasar ao país é que se convocasen eleccións agora. É posible que as gañásemos pero sería o peor que nos poida pasar. Non podemos conformarnos con gañar por reacción ao PP ou por ser a menos mala das ofertas políticas. Temos que ser a mellor.
O noso país necesita un partido que lle dea esperanza, que sexa crible, que sexa internamente democrático, que sexa transparente e cuxos dirixentes sexan honrados. E para iso fan falta moitos cambios aínda. Necesitamos un cambio radical para poder ofrecer iso aos cidadáns.
Equivócanse os que andan con voltas para seguir nos postos e que todo siga igual, e creo que se equivocan os que piden un cambio xa e un Congreso en dous meses. Hai que empezar o cambio xa, pero nun proceso dilatado no tempo. Un proceso no que en etapas sucesivas poida participar a cidadanía e a militancia.
Temos que esquecer o proceso para a galería de elixir o candidato en primarias, e establecer o proceso democrático da elección do líder co voto directo de todos os militantes. E temos que facer un congreso federal e congresos nacionais que definan o noso proxecto político afastado do capitalismo liberal. Un proxecto novo pero na liña do pensamento socialista que teña claros os obxectivos e camiñe con paso decidido a alcanzalos.
Temos que decidir a sociedade progresista e solidaria que queremos. Unha sociedade na que todos contemos cos servizos básicos, sanidade, educación, pensións, dependencia, etc. e na que todos contribuamos en función da nosa riqueza. Unha sociedade que poña fin á posibilidade de especular poñendo en risco o estado de benestar. E promover no mundo medidas de control de movemento de capitais, de desaparición de paraísos fiscais e do dúmping social.
Un capitalismo social e regulado.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (3)
 
  • » E agora qué? « - Rafa Castillo. - 2/02/2013 09:45 
    • Re: E agora qué? - Ana Pilar Andrade Pardellas - 21/02/2013 20:37 
      • Re: E agora qué? - esos - 11/09/2014 15:54 
        • Re: E agora qué? - asi ellas seran con eos basta - 11/09/2014 15:55 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje