Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  5/09/2012 20:52 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Elegancia.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
É certo que non está escrito en ningún sitio que os coordinadores de campaña electoral deban dimitir cando se convocan as eleccións. Polo tanto é algo que está no seu criterio persoal. Pero naturalmente os observadores políticos e os electores teñen tamén o dereito a xulgar a actitude de cada un.
Porque o primeiro que ten que ter un político ou un partido é coherencia, xa que se carece dela, o dito ou o feito algún día, pode pasarlle factura no futuro. E non vou falar agora do cumprimento do programa popular por parte de Rajoy, que iso levaría moito tempo.
Cando se anunciou que Alfredo Pérez Rubalcaba se presentaba como candidato nas eleccións xerais, o PP saíu en tromba a pedir a súa dimisión ou cesamento no goberno xa que, dicían, non era lóxico que o Ministro do Interior, dalgunha forma responsable do funcionamento do proceso electoral, fose o candidato dun partido. E, malia non ser obrigatorio por lei, Rubalcaba dimitiu.
O martes pasado convocáronse eleccións autonómicas en Euskadi e Galicia. Automaticamente o Conselleiro de Interior do Goberno Vasco, Rodolfo Ares renunciou ao cargo para dedicarse á coordinación da campaña electoral do PSE. Non obstante, o seu homónimo en Galicia, Alfonso Rueda, é o coordinador da campaña electoral do PP en Galicia e mantén o cargo institucional. É legal, sen dúbida. Pero, é ético ou estético?
En fin. Cuestión de elegancia.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Elegancia. « - Rafael Castillo Reboiro. - 5/09/2012 20:52 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje