Franco Grande/balonga     Fecha  14/01/2012 15:03 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Estamos en mans de xente totalmente inútil   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Académico da RAG -institución que non pisa dende hai anos e coa que mantén unha distancia crítica: "Tanto me dá estar dentro que fóra. Hai xente que se mata por entrar, non sei para que. Déixolles o meu posto cando queiran"- e librepensador, ademais de escritor, avogado e intelectual galeguista, Xosé Luís Franco Grande é dende este sábado fillo predilecto do Concello de Tomiño.

Nacido na parroquia de Tebra, o tamén Premio Nacional de Literatura, é un propagandista entusiasta da súa terra nai. Malia non publicar un libro dende 2009, este europeísta convencido escribe todos os días e leva tempo a traballar nunha formulación moderna da doutrina galeguista no novo marco da UE: "É federalismo aplicado á realidade galega", explica nunha recente entrevista concedida a B.R. Sotelino.

Sempre directo nas súas opinións, sen casar con ninguén, Franco Grande non ve por ningures que as cousas vaian a mellor no territorio da creación literaria e tampouco se mostra optimista sobre o futuro do galeguismo e mesmo do peso de Galicia, moi por detrás de Cataluña e de Euskadi: "Creo que van por camiños distintos as reivindicacións intelectuais e a política, enormemente atrasada en Galicia. Mentres non cambiemos os políticos do país, o país non vai cambiar moito. Estamos en mans de xente totalmente inútil".
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Estamos en mans de xente totalmente inútil « - Franco Grande/balonga - 14/01/2012 15:03 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje