Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  16/07/2013 18:28 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Este é un país serio?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Onte, Mariano Rajoy dixo que non dimitiría porque este é un país serio. Ou realmente non sabe onde está ou mente co maior descaro. Nun país serio sería inconcibible que un Presidente de Goberno non tivese comparecido aínda ante o Parlamento para dar conta aos cidadáns da situación.
Pero realmente o Presidente non o fai porque non pode. Non sabe aínda (ou talvez si!) ata onde pode falar Bárcenas e que probas ten, para marcar o límite da súa confesión. A calquera declaración de Rajoy pode sucederlle unha nova declaración do extesoureiro que o deixe como mentireiro. Porque quedar, queda aínda moito por saber.
Parece claro que hai un financiamento ilegal do partido popular. Tamén que os seus cargos orgánicos percibiron sobresoldos en negro, e polo tanto en fraude á facenda pública. E non pode manterse eticamente que quen nos sobe os impostos sexa un defraudador.
Pero aínda quedan máis derivadas do caso. As empresas que achegaban ese financiamento ilegal. E sobre todo a cambio de que o facían. Porque non é crible que o fixesen por altruísmo ou amor ao partido. O fin da empresa é gañar diñeiro e nunca fai un gasto que non espere un beneficio.
E aí estamos na outra parte. Os concellos e comunidades autónomas gobernadas polos populares que adxudicaron as obras ás empresas que os financiaron. Adxudicacións seguramente a custos superiores aos do mercado para deixar a marxe da comisión. E seguramente moitas desas adxudicacións feitas ilegalmente.
En fin. Que o caso Bárcenas, e o Gurtel, poden cargarse ao goberno da nación, ao dalgunhas comunidades e ao de bastantes concellos. Haberá cárceres para todos?
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Este é un país serio? « - Rafa Castillo. - 16/07/2013 18:28 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje