Rafael Castillo Reboiro.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  6/07/2012 01:55 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Exame.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Poñamos que tes 18 anos e examínaste en setembro de selectividade. Unha dos problemas que che formulen pode ser do tenor seguinte:
Un dos teus proxenitores é aínda funcionario, aínda que non sabe se sobrevivirá aos recortes de persoal. A día de hoxe, 6 de xullo ten un soldo de 1.200€ mensuais, soldo que en 2010 foi rebaixado no 5%, que en 1994, 1996, 1997, 2010, 2011 e 2012 foi conxelado e que o resto dos anos "creceu" máis ou menos un punto menos que a inflación. É dicir, nos últimos 20 anos perdeu un 37% de poder adquisitivo. Hoxe, día 6, o próximo 13 ou o 20, o goberno adoptará a medida de reducilo a 1.100€.
E outro traballaba de dependente nun comercio onde gañaba 900€ por unha xornada teórica de 8 horas diarias que na práctica superaba as 10. Pero ao ir ao paro os seus ingresos reducíronse a menos de 700€. Dentro de dous meses rematará a prestación.
O teu irmán maior estuda unha carreira de ciencias fóra da túa cidade de residencia. Tiña por iso unha xenerosa bolsa de 5.000€ anuais que lle suprimiron. Pero a cambio duplicáronlle as taxas da matrícula.
A vosa vivenda é en propiedade co que aforrades o aluguer. Non obstante hai unha hipoteca de 800€ ao mes, a electricidade subiu un 15% no que vai de ano, e tamén algo semellante o gas natural. O do aire acondicionado é unha reliquia que na actualidade non se usa.
Un dos teus pais entre a hipertensión, a diabete B, o colesterol e similares pagaba en medicamentos 40€ que agora subiron a 50. O outro ten unha soriasis cuxos medicamentos paga agora ao 100%, igual que os analxésicos polas túas permanentes xaquecas ou a medicación contra a gripe á que o teu irmán é tan propenso.
Os teus avós paternos, que viven noutra cidade, son xa moi maiores e un dos dous ten alzheimer. O outro ten só os achaques da idade, pero contaban cunha persoa que viña 3 horas a axudarlles nas súas necesidades grazas á Lei da Dependencia. Agora aumentáronlle a achega que teñen que facer, e como só o avó traballou, xa que naquela época do DNI da avoa poñía aquilo de "os labores propios do seu sexo", nunca cotizou. Por iso agora os teus pais teñen que axudalos co copagamento.
Interesa que o alumno responda as seguintes cuestións:
1.- Por que a familia hai un tempo que deixou de ir de vacacións á costa?
2.- Por que agora os aniversarios se celebran na casa?
3.- Por que papá, que sae de traballar ás 3 pero como vive lonxe e lle leva máis dunha hora regresar á casa, antes comía o prato do día nun restaurante da zona, agora leva todos os días un bocata de mortadela e unha mazá?
4.- Por que pechou o bar da esquina?
5.- Por que agora comemos tantas veces na casa da outra avoa?
6.- Por que aquí ninguén dimite?
7.- Por que ninguén dá unha explicación no Congresos dos Deputados?
8.- Por que se axuda os bancos e os seus directivos responsables da situación e se esquilma os demais cidadáns?
9.- Por que os meus pais, de forma disimulada, prefiren que suspenda a selectividade?
10.- Por que aínda non hai unha revolución?
Realmente, se a resposta ás preguntas é acertada, mellor que suspendas.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » Exame. « - Rafael Castillo Reboiro. - 6/07/2012 01:55 
    • Re: Exame. - marta ourense - 6/07/2012 18:22 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje