Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  10/12/2011 19:53 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Exceso de formación?   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
As estatísticas non son nunca exactas, pero permiten ter unha imaxe aproximada da realidade. O problema é facer a análise cando os seus resultados parecen ser contraditorios.
De sempre falouse do importante nivel de fracaso escolar en España. Parece ser que na pasada década se incremento polo abandono escolar causado polo diñeiro doado que vían moitos mozos na construción.
E non obstante, un recente estudo acaba de dicir que o noso país ten o maior número de traballadores cualificados por enriba do seu posto de traballo. Naturalmente este é tamén un problema importante. Eses cidadáns terán un grande nivel de frustración e insatisfacción co seu papel na vida o que constitúe fundamentalmente un problema persoal e familiar, e ademais económico, xa que esa é unha importante causa dunha menor produtividade.
Pero, cal é a causa desa aparente contradición?
Como sempre o máis seguro é que haxa varios motivos e polo tanto varios responsables. E tamén que haxa éxitos mal enfocados. Ou certa eficacia non eficiente.
Que teñamos un superávit de preparación móstranos que o sistema educativo non fracasa á hora de dar o nivel de formación. Que a nosa xuventude sae, nun número apreciable, ben formada. Quizais o que haxa é unha falta de orientación aos alumnos á hora de elixir o itinerario formativo.
Hai, tamén dentro da boa vontade de pais e nais, unha supravaloración das carreiras de nivel superior chegándose a un número de titulados moi superior á demanda social. E cando ao alumno o levamos a un fin para o que pode estar menos capacitado, en ocasións, pode rematar en fracaso escolar. Naturalmente non pode culparse os pais desa aspiración. É novamente o sistema quen ten un fallo.
Finalmente pódese formular se as empresas en xeral están ao nivel dos nosos profesionais. Ou se nos conformamos con ser un país de servizos. Falta esforzo pola súa parte, faltan empresas industriais e falta máis inversión do sector público en I+D+I. Talvez sexa o momento de deixar de subvencionalas polo simple feito de crealas e concentrar a axuda pública só naquelas que xeren novas actividades ou producións.
Entón haberá que analizar que saídas se nos presentan para paliar esta situación.
Unha é a da dereita en xeral que coincide co resto do seu ideario. A competitividade e o esforzo (e tamén o negocio como fin) que inclúe un custo económico para que, ao tempo que se adelgaza ao Estado, sirva para disuadir o "exceso" de estudantes.
Por suposto que é unha proposta deshechable. Peor que o exceso de titulados é que rache o principio de igualdade de oportunidades. Un, e debería abondar, por ser de xustiza. Pero ademais, nada garante que entre os que máis medios teñen estean os máis cualificados. Por iso sería tamén un erro social e económico.
Mención especial por detestable merece o actual experimento de Esperanza Aguirre na comunidade de Madrid. Os centros de excelencia nos que segregan aos que consideran máis capacitados para que estuden nun mundo illado. Sen esquecer o problema dos superdotados, esa solución pode crear grandes científicos, pero todos "tolos" lonxe do mundo real.
Como eles mesmos din cando lles convén (ao falar de relixión) a escola non é só un centro para estudar materias, senón de formación integral e preparación para a vida real. E o mesmo pode dicirse desa outra segregación por sexos xa establecida nalgúns centros.
A solución pasa por todo o contrario. Máis investimento público en educación para mellorar a súa calidade e que todos teñan realmente igualdade de oportunidades. Maior recoñecemento da formación profesional. Maior permeabilidade entre itinerarios de forma que quen empece os estudos de BAC ou inicie unha carreira, poida sen problemas acceder á FP.
E para que isto sexa efectivo, máis orientadores sobre todo nos últimos cursos de cada nivel, para detectar as calidades e propoñer a mellor alternativa, e tamén nos primeiros cursos de cada nivel, para que, recoñecida no seu caso a dificultade da opción elixida, poida reorientarse cara outra sen necesidade de abandonar os estudos ou ir probando unha tras outra.
Pero témome que nos próximos anos non vaian por aí os tiros.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Exceso de formación? « - Rafa Castillo. - 10/12/2011 19:53 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje