Rafa Castillo    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com Fecha  5/04/2012 21:27 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Facenda xa non somos todos.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Realmente ten mala sorte o alcalde popular de Santiago, Conde Roa. Se o goberno español, en lugar de aprazar os presupostos para intentar ocultar aos votantes asturianos e andaluces o que lles viña enriba, os tivese aprobado cando lle mandaba Europa, o señor Conde Roa podería presentarse hai uns días na súa oficina de facenda e saldar as súas contas por menos de 30.000€.
Pero quixo a fortuna que non fora así, a agora o famoso alcalde enfróntase a un pagamento moito maior e á posible condena, que pode chegar a ser de cárcere, por un presunto delito. E o feito dános pé para analizar tres matices.
1.- De ser certo o publicado, "A notoriedade dos feitos e as súas implicacións políticas acelerarán o proceso sobre a fraude do IVE, que podería estar resolto nun ou dous meses", obsérvanse, na Xustiza, dúas varas de medir. A aplicada ao Sr. Conde e a usada co ex ministro José Blanco que pasou meses sen saber de que era acusado e con noticias que salpicaban puntualmente o proceso electoral do 20-N e os congresos do PSOE.
2.- As responsabilidades políticas que debería asumir, non xa só pola acusación, senón por mentir nun primeiro momento dicindo que non sabía nada cando xa asinara a súa conformidade a facenda. Ademais, pode servirlle xuridicamente e mesmo ser declarado inocente por prestar a súa conformidade á liquidación. Cinicamente o alcalde di que antes de pedir a súa dimisión repasemos o dereito procesual, pero esquécese algo importante. O dereito procesual pode libralo do cárcere, pero non impide que fose algo politicamente impresentable. Un defraudador da facenda pública que non declarou no seu momento e asume a débeda cando a detectan os inspectores. Pero que de non ter sido pillado se tería ido de rosiñas sen pagar un euro. Que fará cos dos santiagueses?
3.- A famosa amnistía fiscal. Se un cidadán se equivoca ao facer a declaración, correspóndelle o pagamento da débeda, a recarga e a multa. Por un simple erro. En cambio, alguén que defraudou a propósito miles ou millóns de euros, agora decláraos e líbrase pagando o 10%, sen recarga e sen multa ou cárcere. Posiblemente sexa unha medida para apoiar na crise os máis desfavorecidos.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (4)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje