G-H/balonga     Fecha  7/12/2011 10:09 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Falsos y antigalegos enfermizos   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Pachi Vázquez acusa ao PP de esixir a paralización das adxudicacións do AVE

06.12.2011 O líder socialista ve a Feijóo "responsable" desta situación e recórdalle que "garantiu aos galegos que respondería ante o PP"
SANTIAGO. EP
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, acusou o Partido Popular de "dar un mazazo mortal" ao desenvolvemento de Galicia tras coñecer que responsables do PP na comisión que negocia o traspaso de poderes do Goberno central "esixiron" ao Goberno socialista en funcións "a paralización" das adxudicacións do AVE.

Nun comunicado, o líder dos socialistas galegos afirmou que "hoxe é un día moi negativo" para a comunidade, ao "confirmarse" que para Feijóo e o PP "Galicia non conta" e "solo é un celeiro de votos", xa que, ao seu xuízo, "non dubidan en antepoñer os intereses do seu partido aos dos galegos".

Neste sentido, Pachi Vázquez recordou que os socialistas galegos "xa advertiran que o primeiro que faría o Partido Popular se chegaba ao Goberno era paralizar o AVE". "Agora, desgraciadamente, podemos confirmalo", lamentou o socialista.

"Rajoy mente sistematicamente, fíxoo co aprazamento da débeda ás comunidades e tamén cando afirmou que a AVE era unha prioridade para o Partido Popular", criticou.

Ademais, considerou "incrible" que Feijóo pasase "dous anos e medio premendo" ao Goberno central para que as licitacións "non se atrasasen nin un só día", e agora, "o primeiro que fai o PP ao chegar ao Goberno é paralizar as licitacións e adxudicacións do AVE galego".

"onde está agora o Feijóo que daba puñazos enriba da mesa reivindicando o Goberno central que fose xeneroso con Galicia; o Feijóo que pedía o aprazamento da débeda das comunidades; ou o Feijóo que agora ve que o primeiro que fai o seu partido é anular os acordos do Pacto do Obradoiro?", sentenciou Pachi Vázquez.

PARAR O DESENVOLVEMENTO

Ante estas cuestións, o dirixente socialista considerou que "non se pode consentir" que "despois de ter un ministro como José Blanco que fixo a maior inversión da historia para sacar adiante" a Galicia, "veña agora o Partido Popular e en lugar de defender os intereses dos galegos que lles votaron, sexan os primeiros en parar o desenvolvemento de Galicia".

Por último, sinalou como "responsable" desta situación ao presidente da Xunta, ao que acusou de "ser el quen garantiu aos galegos que respondería ante o Partido Popular" e asegurou que "dicir que hai que mirar as contas" son "escusas" xa que, "os tramos licitados ou adxudicados do AVE teñen consignadas as correspondentes partidas presupostarias".
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (10)
 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje