SG/balonga     Fecha  29/05/2013 19:49 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Feijoo fai trampas   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Feijóo fai trampas e fica en evidencia
Chuzar


A estas alturas do campionato, era ben que as e os dirixentes do PP se comportasen como adultos e tratasen o pobo galego como o que é, un pobo non inferior a calquer outro. O despropósito de os ver votar unha cousa en Santiago e a contraria en Madrid, o mesmo día, con tan poucas horas de distancia, é un espectáculo bochornoso e indigno. Protagonízao quen vai de líder moderno e renovador (para sermos exactos, quen ía de tal cousa, antes do Doradazo, antes da neve). Feijóo mostra, en todo caso, que a súa única obsesión é salvarse eleitoralmente (por iso en Galiza manda apoiar a proposta do BNG de suprimir as quitas). Nada máis. O de arranxar os problemas das e dos seus administrados non vai con el. Feijóo patentiza, tamén, a súa dependencia absoluta de Madrid (por iso non fai nada para as e os deputados galegos do seu partido no Congreso seren coherentes co voto do Parlamento galego).

Se imos ao fundo da cuestión, non hai problema en engadir 3 pontos do PIB (30.000ME) ao déficit público para salvar o capital financeiro, mas é prohibido pensar en salvar as vítimas desa monumental estafa da banca chamada participacións preferentes. O Estado financia os estafadores e penaliza os estafados. A quita é a achega que as e os pequenos aforradores fan a un novo proceso de socialización das perdas. En cuanto houver beneficios, xa sabemos cara á que petos se irán drenar, os de Botín e cia.

Feijóo fai trampas, mas fica en evidencia. A ver como o protexe desta volta a infatigábel imprensa amiga.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Feijoo fai trampas « - SG/balonga - 29/05/2013 19:49 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje