Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  5/05/2012 02:02 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Fusión de concellos.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Unha das razóns do estado autonómico está nas diferenzas de diversa índole que ten España en cada un dos seus territorios. Por iso, formular nalgunhas cuestións solucións únicas para todo o país, é só propio de mentes de pensamento único e ademais simple.
O problema dos municipios e a súa solvencia económica, non é de índices de poboación, non hai unha poboación mínima ideal para todos os concellos. É un problema de xeografía humana, da superficie, a diseminación e a orografía.
Poñamos o caso de cinco concellos de Castela situados en torno a un sexto e que todos teñan unha poboación aproximada de 2.000 habitantes. Os seus núcleos distarán uns doutros entre doce ou quince quilómetros. Serán en total seis vilas e como moito unhas 10 ou 12 pedanías. Un total de menos de 20. Os núcleos terán estrutura urbana, con edificacións habitualmente de baixo máis un e en estrutura pechada e compacta.
Naturalmente é posible que a súa unión poida producir economías. Os mesmos empregados ou a mesma empresa de servizos pode levar en mantemento de todos os seus abastecementos de auga. Igual para a rede de sumidoiros ou a recollida de lixos, na que obviamente chega un camión para todos.
E é que cada uns deses concellos seguramente non hai máis de 200 puntos de iluminación pública, e uns 50 colectores de residuos orgánicos. E con moi poucos colectores específicos poderán facer unha boa recollida selectiva. A súa rede de distribución de auga potable será reducida tamén.
Por ende, todos os núcleos estarán comunicados entre si por un reducido número de estradas en bo estado, practicamente sen curvas e cambios de rasante. Un só camión pode recoller os residuos de todas as vilas unha vez por día.
Poñamos agora seis concellos galegos de 2.000 habitantes tamén. Os 12.000 habitantes distribuiranse seguramente en preto de 500 entidades de poboación, ás veces próximas entre elas no plano pero de difícil intercomunicación pola orografía. É posible que conten cuns 20.000 puntos de luz e incontables quilómetros de redes de distribución de auga ou rede de sumidoiros, así como incontables instalacións de depuración de augas residuais. É máis, seguramente cada concello teña máis de dous puntos de captación de auga para subministrar a todos as súas vilas.
Recoller o lixo en cada un deses concellos leva case toda a xornada laboral de dous traballadores a pesar de que a recollida nos núcleos principais sexa en días alternos, e nos outros un día por semana.
Os centos de núcleos comunícanse entre eles por estradas e camiños estreitos que son unha sucesión de curvas e pronunciadas subas e baixadas. Todo iso supón tempo tanto nos servizos de recollida coma de mantemento. A distancia dalgún núcleo á teórica capital do novo concello conxunto podería achegarse aos 50 Km. por estrada.
Polo tanto, a unión dos concellos empeorará os servizos e non será un aforro significativo.
Outra cousa é que o debate está en se hai ou non que recoller o lixo nunha vila de 10, 30 ou 60 habitantes, dotalos de rede de sumidoiros e de iluminación pública, ou de servizo de auga potable, ou é preferible que volvan beber dos pozos, enterren os residuos e se doten de foxas sépticas individuais. E que de noite circulen con lanternas.
Porque se a resposta é, como debe ser, manter os servizos, o que é necesario non é unir os concellos, senón que algún Conselleiro ou Presidente da Xunta, cando pasen polo rural miren, entre inauguración e inauguración, ou entre mitin e mitin, a realidade que lles rodea e, en consecuencia establezan ou pidan ao Estado o financiamento axeitado.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Fusión de concellos. « - Rafa Castillo. - 5/05/2012 02:02 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje