Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  13/11/2012 19:14 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Gañáronnos os cerralleiros.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Parece que o debate no PSOE se centra en se a derrota de Galicia é culpa de Rubalcaba ou de Pachi Vázquez, da herdanza de Zapatero ou de agrupacións que perderon máis votos que outras, e mentres discutimos se son galgos ou podengos, os cans se aprestan a devorarnos.
Espero que os sucesos destes últimos días nos fagan ver claramente onde está o problema. O acontecido é só un exemplo que confirma a tese que veño mantendo, pero é moi ilustrativo, e ogallá sexamos capaces de sacar as consecuencias. Porque é a demostración clara do porqué os cidadáns non ven en nós o que polas nosas siglas, e pola nosa historia esperarían.
Estoume a referir á grave situación de miles de casos de desafiuzamento cuxa punta do iceberg son os dous mortos dos últimos días, pero que oculta miles de dramas persoais e familiares de xentes que perderon o que foron achegando con esforzo durante anos, agora non teñen nada e se un día volven ter será para pagar o que seguen debendo. Xentes que, doutro xeito, tamén perderon as súas vidas.
E onde estabamos nós? Pois, parafraseando parcialmente a Sabino Fernández Campo, esperábasenos pero non estabamos. Non importa que agora que goberna o PP presentemos iniciativas ou apoiemos as dos demais. Non importa mesmo que as levásemos hai un ano no programa electoral. Se houbo tempo de escribilo no programa, púidose aprobar cando gobernabamos. Á fin, en menos tempo Merkel cambiounos a Constitución.
Pero non. Mentres, ombro con ombro co PP, como bois xunguidos a un arado, axudamos aos bancos a cravar un suco na nosa Constitución e declarar dende esta que antes que as persoas, están os dereitos dos bancos, (nin sequera os das empresas produtivas, os dos financeiros especuladores). E mentres, comezabamos a roza dos nosos dereitos e liberdades, ombro con ombro co PP, ao tempo que rexeitabamos as iniciativas de terceiros sobre as hipotecas.
E agora a sociedade adiantounos. Non sei se pola esquerda ou por arriba. E supliron sobradamente a nosa ausencia. Mentres nos preocupabamos de agradar aos mercados e salvar os bancos, centos de cidadáns primeiro, centos miles despois, empezaron un traballo de formigas, gañando pequenas batallas, salvando unhas poucas familias, ata acadar que o tema transcendese as fronteiras nacionais e que organismos da mesma UE nos condenen.
E o que non fomos capaces de cambiar no BOE, estao a cambiar o impulso da sociedade sen a nosa axuda e con logros inauditos como o de que xuíces, fiscais, policías e ata cerralleiros deserten do penoso traballo de deixar as xentes sen fogar. E que, agora si, nós e o PP fagamos á présa e correndo, e de xeito vergonzoso, un Decreto Lei para saír do paso.
Se non vemos que isto, e miles de cousas como esta, son as que nos fixeron perder as eleccións, é que somos un partido autista. Que ninguén se engane. Estas eleccións non nolas gañou o PP. Non nolas gañou nin IU, nin Anova, nin UPyD nin a abstención, o voto en branco e o voto sen escanos.
Estas eleccións gañáronnolas os cerralleiros.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Gañáronnos os cerralleiros. « - Rafa Castillo. - 13/11/2012 19:14 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje