Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com Fecha  20/04/2012 20:38 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Goberno de cosacos.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Con perdón dos cosacos, non hai máis forma de referirse ao Presidente da Xunta de Galicia, Feijoo, que usando a coñecida expresión "minte como un cosaco". Unha cousa é aproveitar que o Pisuerga pasa por Valladolid, e outra é querer facelo pasar por Murcia ou Huelva.
A explicación de que activos e pensionistas temos que pagar máis polos medicamentos polas "beirarrúas do PlanE de Zapatero" é simplemente mentira. E se non o fose viría a reforzar o convencemento, que xa todos temos, de que Rajoy non ten un plan e improvisa continuamente, pois non dirá que se decata agora do PlanE.
Pero volvamos á mentira. O PlanE supuxo un investimento de 8.000 e 5.000 millóns de euros nos anos 2009 e 2010. Iso supuxo, efectivamente, un déficit conxuntural polas devanditas contías nos respectivos anos. Pero como conxuntural que era, ese déficit desapareceu ao ano seguinte co simple feito de que non houbo PlanE.
Naturalmente ese déficit incrementa a débeda en 13.000 millóns, pero non é ata agora a débeda o noso maior problema. Hai que pagala? Por suposto. Pero calculada a 12 anos e o 5% de xuros supón unha media para todo o período de 1.400 millóns anuais, moi lonxe dos 10.000 que o noso Pinocho quere imputarlle. E sen esquecer que o gasto foi por unha vez, e os 10.000€, e os recortes que veñan, serán para sempre.
Pero voulles dar unha pista. Si houbo algo que Zapatero fixo e produce un déficit estrutural. A Lei da Dependencia. Esa si produce un gasto fixo e continuo que agora na crise supera, xunto aos demais, os ingresos. Aí teñen. Atrévanse a facer o que sen dúbida desexan.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Goberno de cosacos. « - Rafa Castillo. - 20/04/2012 20:38 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje