Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  22/04/2012 10:56 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Golpe de Estado en España.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Tras o Golpe de Mercado padecido en Europa onde a famosa man invisible pon xa e destitúe gobernantes e impón a política económica da Unión, estamos en España sufrindo un auténtico golpe de estado.
Un golpe de estado ten por obxecto desprazar do poder as persoas que o ocupan para colocar outras do interese dos golpistas á marxe dos procedementos legais establecidos para a sucesión.
Diciamos nun recente artigo que xa non existían tres poderes senón un, o do pobo que se manifestaba nas tres funcións, aínda que se lles segue chamando por inercia poderes.
Pero nas sociedades modernas as relacións de poder evolucionaron ata o punto de multiplicarse en número os poderes. Así hoxe se recoñece o poder de internet ou o da prensa, coñecido xa hai tempo como o cuarto poder.
A prensa é un poder en dúas liñas de diferente lexitimidade. Por un lado son elementos de presión que tratan de orientar a actuación dos gobernantes no sentido que desexan os grupos aos que representan. Este exercicio de poder podería considerarse ilexítimo, pero, existindo liberdade de prensa, autolimítase pola concorrencia de diferentes medios con intereses contrapostos.
Pero o máis importante para a sociedade é o exercicio da información, elemento clave e fundamental para que os cidadáns exerzan o seu poder con coñecemento á hora de designar os seus representantes democráticos. Este exercicio libre e consciente sería imposible sen a existencia dunha prensa libre e independente ou polo menos libre, plural e contraposta.
Dende sempre o poder político quixo dispoñer, con maior ou menor intensidade, dos medios públicos para manexalos ao seu antollo. Non todo o mundo o fixo ou fai coa mesma intensidade e descaro, e hai que sinalar que, casos como Telemadrid, a TV-7 valenciana, a Telegaita de Fraga ou a TVE de Aznar, chegaron á obscenidade.
Pois ben. Houbo un gobernante que renunciou a tal potestade e abuso. O Presidente Zapatero, a quen seguramente teremos que reprochar moitas cousas, pero recoñecerlle moitas máis, estableceu un novo Estatuto para TVE renunciando á elección por maioría do Parlamento ao seu director xeral e establecendo unha maioría cualificada que esixía o consenso parlamentario e polo tanto a independencia da institución.
Pero velaquí que Rajoy, quen durante trienios enteiros impediu a renovación de órganos tan importante como o Tribunal Constitucional, ten agora présa por nomear ao director de TVE ata o punto de que, malia acordar con Rubalcaba un prazo ata xuño para o consenso na renovación de cargos, cambia agora as regras de xogo e establece como necesaria unicamente a maioría absoluta da que dispón. Abondaralle propoñer alguén inasumible, poñamos un Pedro José ou un Jiménez Losantos (o tradutor da Xunta o traduce por Lozanitos!), e ao non obter o consenso culpar ao PSOE e nomear a quen queira.
Por iso, este unilateral cambio das regras de xogo consensuadas e aceptadas cando eran minoría, son un auténtico atentado ao cuarto poder, e como tal unha forma de Golpe de Estado.
Pregamos permanezan atentos ás súas pantallas.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Golpe de Estado en España. « - Rafa Castillo. - 22/04/2012 10:56 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje