 |
Non coidei que esta mensaxe no foro fose ter tanto debate, pero alégrame que os salcedaos e salcedás se reafirmen na súa cultura. Debería ser un exemplo para o resto do concello, e animarse a manter vivas as tradicións de cada parroquia. Como afirmei na primeira mensaxe, dos politicuchos que temos niste concello nada bo se pode agardar. Demasiado nacionalismo de pacotilla é o que representan. Seguro que nin saben quenes foron Paz Andrade ou o mesmo Castelao. Falando de Castelao hai unha frase que deberiamos ter en mente para crer un pouco máis no que somos e non sermos "homes-masa: "Ser diferente é ser existente". Saúdos e viva o Entroido de salcedo.
|
| |
|