Bieito Iglesias/balonga     Fecha  5/10/2012 20:48 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Impropio   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje


http://www.galiciae.com/
mpropio

--------------------------------------------------------------------------------

Etiquetas: opinión, Bieito Iglesias

03/10/2012 - Bieito Iglesias

Tódolos cidadáns galegos e en especial os de Ourense andan estes días cunha palabra nos miolos, co vocábulo cohecho rillando no cerebro como certos vermes lendarios roían

no ámago das cornas do carneiro virándoo tolo e obrigándoo a topeñar. Por librarme de semellante encordio acudín ao dicionario María Moliner e atopei esta curiosa definición: “Ofrecer o hacer regalos a un juez o empleado, para que obre de determinada manera, sea o no justa. Levantar el barbecho o labrar la tierra por última vez antes de sembrarla”.

De momento só se aplica a “empleados públicos” (alcaides e concelleiros e villeus ou policías municipais) pero quen sabe se a definición de dona María non se verá axiña completada coa
aplicación dese sinónimo de suborno á xudicatura galaica.

Ora ben, quen xulgará os xuíces? Eu non, pola conta que me ten, estou ben libre de criticar as detencións ordenadas pola togada luguesa xa que non teño ansia ningunha de verme coas alxemas nos pulsos. Sorpréndeme, ai iso si, que a maioría dos implicados sexan do palitroque opositor e que nunha provincia coas institucións máis luxadas que os paus dun galiñeiro unicamente sufran a man pesada da Xustiza os políticos aurienses da esquerda.

A esquerda fica, en plena campaña electoral, en barbeito ou poisío (condenada a pesear polo célebre xardín do Posío daquela cidade miñota) mentres a direita local, varias veces asediada polos tribunais, se varre por entre os balaústres e se escoa do caldeiro. Faise difícil acreditar
na xustiza do caldeireiro.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Impropio « - Bieito Iglesias/balonga - 5/10/2012 20:48 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje