Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  1/12/2012 21:11 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Impuestos   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Hai tantos motivos para escribir tras cada Consello de Ministros deste Goberno que o difícil é elixir o tema. Naturalmente o tema estrela de hoxe é o engano e burla aos pensionistas. Posiblemente tamén o re-indulto aos mossos d'esquadra nun claro desexo de deixar impunes os abusos e malos tratos da policía aos detidos. Eu hoxe elixirei o tema que me parece máis escandaloso.
Este goberno, que prometeu non subir nin crear máis impostos, acaba de facer aflorar un pola porta de atrás, mediante emenda no Senado á calor da actualidade, é dicir, improvisada.
Hai dez anos o goberno estremeño de Rodríguez Ibarra estableceu unha taxa bancaria que o goberno Aznar impugnou ante o TC e que este acaba de validar, polo que a Xunta de Extremadura, hoxe en mans do PP, dispoñerá dunha importante cantidade de diñeiro polos atrasos. Tamén Andalucía e Canarias estableceron a taxa cando gobernaba Zapatero, e polo tanto non foi recorrida.
Pois ben. Á vista da sentenza do TC, o partido popular establece un imposto estatal similar ao das tres autonomías citadas, polo que, tendo preferencia o Estado, e non podendo establecerse dobre imposición sobre o mesmo feito impoñible, os impostos autonómicos quedan sen efecto.
A conclusión. Pensando ben, é doada. Agora o Estado recadará o imposto e compensará ás autonomías que o tiñan pola recadación perdida. E naturalmente, para ser xustos, tamén ás demais. Pois non.
O Estado gobernado polo PP puxo o tipo impositivo igual a cero. É dicir, creou un imposto baleiro para non recadar nada, co simple obxecto de liberar a banca do imposto autonómico para que non paguen nada. E naturalmente tampouco vai compensar ás demais autonomías.
Isto, ademais de ser unha burla á Constitución, ao TC e ao Estado de Dereito, é unha clara fraude de lei e desviación de poder. E deberían, os facultados legalmente para iso, ir interpoñendo as actuacións necesarias para anular ese imposto e ao mesmo tempo esixir que se compense en igualdade a todas as comunidades.
Se non estivese xa claro, esta sería a proba definitiva da sensibilidade do partido popular. Salvar os bancos e privar as comunidades de recursos que permitirían salvar a sanidade e a educación públicas e de calidade.
Pero iso non lles importa.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Impuestos « - Rafa Castillo. - 1/12/2012 21:11 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje