Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com/ Fecha  28/11/2011 01:17 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder In memoriam.   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Tocaba hoxe falar de economía, pero hoxe teño que falar de ti.
Hoxe coñecín o teu sobriño. Seguramente o día de hoxe encantaríache estar connosco. Foi un día moi emotivo no que non puiden deixar de pensar en ti. Hoxe, o teu sobriño, eu, ti e a nosa causa común, a humanidade, estabamos alí.
A intensidade da túa ausente presenza acompañábanos. O teu silencio era o centro da nosa conversación,
Ti coñeciches a miña nai pouco antes de morrer. Ti coñeciches a miña filla moito antes de morrer. A túa morte foi cando a miña nai tiña cinco anos. A túa morte foi logo de nacer a miña filla.
Recórdote porque fixeches do teu lugar de traballo a casa do teu pobo. Porque foi un lugar de acollida. Non te esquezo porque nunca esqueciches a quen te necesitaba. Admírote, sen coñecerte, por ser exemplo para os teus veciños. Admírote, coñecéndote, por ser exemplo para os teus veciños. Respectote por non impoñer nunca as túas ideas.
Quixera ser como ti opoñéndote ao poder. Quixera ser como ti na axuda aos débiles. Quixera ser como ti defendendo as túas ideas. Quixera ser como ti, aplicándoas.
Eras baixiño, pero con altura de miras. Eras pequeniño, pero un grande home. Non era a túa homenaxe, pero homenaxeámoste. Era a túa homenaxe e homenaxeámoste.
Hoxe estabas connosco, pequeniño do Incio. Hoxe estabas connosco, cura don Anxo.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (1)
 
  • » In memoriam. « - Rafa Castillo. - 28/11/2011 01:17 
    • Re: In memoriam. - Dámaso Lopez Garcia - 29/11/2011 23:39 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje