Rafa Castillo.    rafacastillo2@hotmail.com http://rafacastillo2.blogspot.com.es/ Fecha  29/09/2012 19:27 
Host: No mostrado/ Not shown    IP: No mostrado/ Not shown    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Indignante!   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Xa antes do 15-M escribía nestas páxinas dende a indignación sen saber que se estaba a crear un movemento de xente indignada buscando, con maior ou menor acerto, unha solución a esta sociedade que perdeu o rumbo, e con el está a perder o que tantos anos, loitas e vidas nos custou conquistar.
E, cando vexo como avanza o proceso de destrución do benestar e damos aos bancos, manda collóns! o diñeiro que necesitamos para a supervivencia digna dos cidadáns, crece a miña indignación.
E crece ao ver os banqueiros que reciben o noso diñeiro e deciden o noso futuro levándose, a un tempo, pingües beneficios e substanciosas xubilacións. E crece ao ver a algúns políticos, poucos pero molestamente notorios, que en lugar de buscar unha saída á nosa sociedade se corrompen en busca do seu propio beneficio a conta dos cidadáns que confiamos neles.
E digo poucos, por que son unha minoría. A maioría, hai que recordalo unha e outra vez, son honrados. Mellores ou peores, dunha ou outra idea, pero honrados. Non podemos caer na trampa de quen pretende embarrar o campo para que logo só poidan circular por el os seus tanques.
Porque ademais, no país da picaresca, social e literaria, esa proporción de políticos corruptos representa seguramente unha proporción similar na sociedade civil. Os políticos non son marcianos, nacen de entre nós nas nosas vilas ou cidades. E algúns corrómpense como hai cidadáns que defraudan a facenda ou empresarios que abusan dos seus traballadores para obter á súa costa maior beneficio.
E hoxe volvín indignarme unha vez máis. Porque o de hoxe é a comprobación da miña afirmación anterior. Esta vez non son políticos que se corrompen. Esta vez son cidadáns "normais" representantes de cidadáns enganados, e que confiaron neles para a solución do seu problema.
Pois nin así. Tamén eles foron corruptibles. Cando se encamiñaban a unha posible vitoria no Tribunal Constitucional na defensa de investidores e clientes ante o todopoderoso Botín, a ADIC que era a asociación promotora do recurso, a retira.
http://www.cadenaser.com/espana/articulo/tribunal-constitucional-pronunciase-doutrina-botin/csrcsrpor/20120928csrcsrnac_9/Tes
Posiblemente nunca poidamos comprobalo. Pero sen dúbida os dirixentes da asociación teñen garantida unha boa xubilación.
Rafa Castillo.
http://rafacastillo2.blogspot.com.es/                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » Indignante! « - Rafa Castillo. - 29/09/2012 19:27 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje